Cadós, Bande
Aparencia
Cadós | |
---|---|
Concello | Bande[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°01′20″N 8°31′07″O / 42.02222222, -8.51861111 |
Poboación | 53 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Cadós é unha parroquia do concello de Bande, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. En 2007 tiña 96 habitantes (50 homes e 46 mulleres).
Historia
[editar | editar a fonte]No lugar de Rubiás existe un castro no que se atoparon, entre outros elementos, unha cabeza de guerreiro, exposta no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Cadós na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Hei de faguer unha ponte/ de peras e de mazás/ pra pasearen os mozos/ de Lubeira a Rubiás [2].
- Moreniña, moreniña,/ moreniña de Cadós,/ dame o teu amor, morena,/ xa que cho pido por Dios [3].
- Santa Comba dá boas mozas,/ hainas en Grou pimpineiras,/ en Lubeira cubizosas/ i en Rubiás camanduleiras [4].
- Vexo Sarreaus, vexo Bande,/ tamén vexo Recarei,/ vexo Calvos, vexo a Granxa,/ terriña onde me eu criei [5].
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cadós
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Cadós no concello de Bande na Provincia de Ourense | |
---|---|
Cadós | Cima de Vila | A Granxa | Pazos | Ponte Cadós | Pumares | Rubiás | O Souto |
Parroquias de Bande
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 88'). Rubiás é lugar da parroquia de San Pedro de Cadós, no concello de Bande. Xaquín Lorenzo engade que non hai río nin regato entre as dúas localidades.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 105. Santiago de Cadós é unha parroquia do concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141. San Trocado de Santa Comba é parroquia do concello de Bande; Lubeira enténdese que é a parroquia de San Vicente de Lobeira; Rubiás é lugar da parroquia de Cadós, en Bande; Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161. Sarreaus, Bande e Recarei son lugares da parroquia de San Pedro de Bande; A Granxa pertence á parroquia de Santiago de Cadós; e Santiago de Calvos é unha parroquia propia, todos eles no concello de Bande.