Banyuls-sur-Mer
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Occitania | ||||
Departamento | Pireneos Orientais | ||||
Comarca histórica da Cataluña | Rosselló | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.671 (2021) (110,09 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Banyuls de la Marenda metropolitan concentration area (en) Banyuls de la Marenda urban unit (en) | ||||
Superficie | 42,43 km² | ||||
Altitude | 0 m-965 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Banyuls-sur-Mer (en) | Jean-Michel Solé (2014–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 66650 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | banyuls-sur-mer.com | ||||
Banyuls-sur-Mer (en francés; en catalán: Banyuls de la Marenda) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión do Languedoc-Rosellón. Pertence ao distrito de Céret e ao cantón de Côte Vermeille e contaba con 4.644 habitantes en 2007.
Limita cos municipios de Cerbère, Port-Vendres, Argelès-sur-Mer e Collioure e cos municipios españois de Colera, Rabós e Espolla no Alt Empordà. O seu termo vai desde os cero metros ao nivel do Mediterráneo ata os 965 m da Albera.
A historia de Banyuls-sur-Mer non se pode escribir sen mencionar a Cerbère, as dúas comunas, hoxe separadas, tiveron un pasado único, cuxa división levouse a cabo coa firma do Tratado dos Pireneos o 7 de novembro de 1659.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira mención da vila data do 981, con dúas denominacións: Balneum e Baldeola. Desde o ano 1074, aparece o nome: Bannils de Marítimo que diferencia este lugar de Banyuls-dels-Aspres. O termo Marenda cítase en 1197 (Banullis de Maredine) e, máis tarde, en 1674 aparece como Banuyls del Marende, para rematar, xa no século XIX cítase como Banyuls de la Marende.
O nome Banyuls pode estar motivado pola presenza dunha lagoa. É o encoro da Bassa formado pola desembocadura do río Vallauria, que foi desecado en 1872. En canto ao termo Marenda non é seguro que sexa a denominación exacta de "marítimo", xa que a mesma toponimia atópase en Francia: Marennes, naqueles lugares nos que o mar non está próximo (por exemplo en Isère). Marenda, é, así mesmo, un apelido frecuente en Auvernia.
Durante a Revolución francesa, o collado de Banyuls desempeñou un papel esencial. En 1793, as tropas españolas do xeneral Ricardos invadiron o Rosellón, apoiadas, a miúdo, polos propios habitantes. Pero no collado de Banyuls a resistencia dos seus habitantes foi realmente efectiva, aínda que non puideron evitar que as tropas francesas fosen, finalmente, vencidas. Escribiuse moito acerca da resistencia das xentes de Banyuls: para algúns foi unha proba de patriotismo francés, para outros, unha reacción dos contrabandistas para os que o paso pola vila, baixo a influencia española, arruinaría os seus intereses. Certamente o contrabando era unha "especialidade" de Banyuls, o mesmo que as anchoas de Collioure. Durante case dous séculos, os pescadores de Banyuls, transportaron, segundo a época: sal, tabaco, azucre, arroz e tecidos, todo cunha impunidade case total.
Aos poucos a viticultura foi gañándolle o terreo á pesca e hoxe día, xunto co turismo, o viño doce natural e as súas adegas constitúen a actividade principal de Banyuls.
A finais do século XIX, concretamente en 1882, o zoólogo Henri de Lacaza-Duthiers fundou o laboratorio Arago, cuxas actividades, comprenden, na actualidade, tanto da ecoloxía mariña como o terrestre. Pódese visitar o acuario oceánico do laboratorio que contén máis de 250 especies representativas da fauna acuática mediterránea, situado nunha reserva mariña.
Demografía
[editar | editar a fonte]1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 | 2007 |
---|---|---|---|---|---|---|
4.271 | 4.436 | 4.000 | 4.093 | 4.662 | 4.532 | 4.644 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Banyuls-sur-Mer |