Barato, barato
Barato, barato | |
---|---|
Autor/a | Manuel Forcadela |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | colección Cómplice, nº 7 |
Xénero(s) | Novela negra |
Editorial | edicións do Cumio |
Data de pub. | novembro 1991 |
Formato | rústica con lapelas 145 x 200 mm |
Páxinas | 152 |
ISBN | ISBN 978-84-87126-41-3 |
Precedido por | Sangue sobre a neve |
Seguido por | Fóra de xogo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Barato, barato é unha novela negra escrita por Manuel Forcadela publicada en novembro de 1991 por Edicións do Cumio. É a segunda entrega das aventuras de Toni Barreiro.
Trama
[editar | editar a fonte]A acción desenvólvese en Vigo. Toni Barreiro é un ex-lexionario e ex-boxeador (alcumado "O Touro do Calvario") que traballa para unha xestoría, encargándose de lograr que a xente pague débedas pendentes.
É verán, e Toni xa leva unhas semanas sen que lle encarguen choio algún. Un día coincide nun bar con Norberto, co que traballara anos atrás. Pouco despois, tras informar ó xefe de Toni de que corre perigo e pedirlle un favor, aparece morto con seis disparos.
A partir de aí, vaise desenmascarando o misterio, no que aparecen un concelleiro de urbanismo, dúas empresarias xemelgas, un coñecido escultor e outros maleantes. De novo coa axuda do seu compañeiro Elvis, resolve o entramado, no que aparece envolto o comisario Valiñas, que intentara dificultarlles a investigación.
Ó igual que en Sangue sobre a neve, faise un profundo retrato da cidade olívica. Desta volta ambientada en verán, os edificios grises e o tráfico contaminante volven ser personaxes propios xunto coa paisaxe urbana.