Sangue sobre a neve
Sangue sobre a neve | |
---|---|
Título orixinal | Sangue sobre a neve e Sang damunt la neu |
Autor/a | Manuel Forcadela |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | colección Cómplice, nº 5 |
Xénero(s) | Novela negra |
Editorial | edicións do Cumio |
Data de pub. | maio 1990 |
Formato | rústica con lapelas 115 x 180 mm |
Páxinas | 162 |
ISBN | ISBN 978-84-8289-067-8 |
Seguido por | Barato, barato |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sangue sobre a neve é unha novela negra escrita por Manuel Forcadela publicada en maio de 1990 por Edicións do Cumio. É a primeira entrega das aventuras de Toni Barreiro.
Trama
[editar | editar a fonte]A acción desenvólvese en Vigo. Toni Barreiro é un ex-lexionario e ex-boxeador (alcumado "O Touro do Calvario") que traballa para unha xestoría, encargándose de lograr que a xente pague débedas pendentes.
Encárganlle un cobro de 50 millóns de pesetas (el vai a comisión, cobrando sempre un 10% do importe), que debe un xerente dunha empresa que apareceu morto na praia do Alcabre. Vese inmerso nunha trama na que hai tráfico de cocaína por medio, e na que ten un asunto amoroso coa muller do falecido cun tiroteo de por medio, logo dunha fuxida nun Citroën desde Vigo a Baiona e logo a Portugal.
Finalmente, e despois de verse ameazado e golpeado en varias ocasións, logra desenmascarar o asunto coa axuda de Katty (a súa moza, que traballa de stripper nun club), de Elvis (un amigo), e de Valiñas (un comisario de policía).
Ó longo da novela, vaise facendo un retrato da cidade olívica, pasando por barrios como O Berbés ou Bouzas. A choiva é o frío invernais, así como o gris dos edificios, forman parte da paisaxe urbana, que acolle situacións protagonizadas por xente de todo tipo, desde malfeitores sen escrúpulos a apaixonadas bailarinas.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Ao catalán por Josep Pascual co título de Sang damunt la neu publicado en 1992 por Pirene, Col. La Maleïda[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha Arquivado 30 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.