Reina del Carmen
Reina del Carmen | |
---|---|
Tipo | pesqueiro e museo |
Localización | |
Enderezo | Explanada portuaria. Porto pesqueiro, s/n |
En | Burela |
País | Galicia |
43°39′34″N 7°21′15″O / 43.659463028342, -7.3542085722619 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen é un barco museo atracado no porto de Burela.[cando?] Coa súa recuperación e reconversión en museo, o concello de Burela dotaba a vila dun atractivo turístico, ao mesmo tempo que recuperaba unha parte da historia máis recente da localidade e rendía unha merecida homenaxe á xente do mar.
Descrición do barco
[editar | editar a fonte]Con 25 metros de eslora, o casco do barco foi contruído de distintas madeiras como carballo ou eucalipto para as cadernas e quilla respectivamente.
Historia
[editar | editar a fonte]Construído en 1967, saíu por primeira vez do porto de Burela o 27 de xuño de 1968 para realizar a costeira do bonito do norte. Durante a súa longa vida, dedicouse á pesca de peixe espada, pescada ou bocareu. A súa última singradura realizouna desde o porto de Santander a Burela o 27 de setembro de 1998.