Barroco siciliano
O barroco siciliano é a forma distintiva da arquitectura barroca que se desenvolveu na illa de Sicilia, no sur de Italia, durante os séculos XVII e XVIII. O estilo recoñécese non só polas súas típicas revoltas e florituras barrocas, senón tamén polas súas carautas sorrintes e putti, coa particular extravagancia que lle deu a Sicilia unha identidade arquitectónica única e que o fai a fase máis interesante da arte siciliana.[1]
O estilo barroco siciliano colleu pulo durante a gran reconstrución que seguiu ó terremoto de 1693. Previamente, o barroco fora usado na illa dun xeito inxenuo e no eido local, que evolucionara a partir da arquitectura híbrida nativa máis ca dos grandes arquitectos barrocos de Roma. Despois do terremoto, os arquitectos locais, moitos deles formados en Roma, tiveron múltiples oportunidades de recrear a arquitectura barroca máis sofisticada, que acadara popularidade na Italia continental. O traballo destes arquitectos locais —e o novo xénero que comezaron— inspirou a outros deseñadores locais que seguiron o seu exemplo. A carón do 1730, os arquitectos sicilianos desenvolveran confianza no emprego do estilo barroco. A súa particular interpretación levounos paseniño a xerar unha forma de arte altamente localista e personalizada. De 1780 en diante, o estilo foi gradualmente substituído pola nova moda do neoclasicismo.
O fenómeno chamado Alto Barroco Siciliano durou cincuenta anos, e reflectiu perfectamente a orde social da illa nunha época na que —dominada oficialmente por España— foi gobernada de facto por unha aristocracia hedonista e extravagante. A arquitectura barroca deulle á illa un carácter arquitectónico que ficou até a actualidade.
Artistas e edificios salientables
[editar | editar a fonte]Giulio Lasso | Quattro Canti (Palermo) | 1610 |
Alonzo de Benedetto et. al. | Palacios da praza do Duomo (Catania) | Principios do s. XVIII |
Giovanni Battista Vaccarini
(discípulo de Francesco De Sanctis) |
Palazzo Biscari
Igrexa da Abadía de santa Ádega (di Sant’Agata) Fachada da catedral Fontana dell’Elefante (Catania) |
|
Rosario Gagliardi | Catedral de san Xurxo (Módica)
Igrexa de san Xurxo (Ragusa) |
|
Tomasso Napoli | Vila Palagonia (Bagheria) | 1715-1749 |
Andrea Palma | Catedral de Siracusa | 1728-1753 |
Santa María delle Scale (Ragusa) | Combinación normando-barroca | |
Barón Melfi di San Antonio | Palazzo Zacco (Ragusa) | |
Catedral de san Xoán Bautista (Ragusa) | 1718-1778 | |
Giacomo Serpotta | Oratorio do Rosario de santa Cita (Palermo) | 1686-1718 |
Giovanni Tucari | Frescos da igrexa de San Benedetto (Catania) | 1726-1762 |
Giuseppe Crestadoro | Frescos do palacio Ajutamicristo (Palermo) | |
Stefano Ittar | Colexiata de Catania | 1768 |
Giuseppe Venanzio Marvuglia | Palacio Belmonte Riso (Palermo)
Igrexa de san Francisco de Sales (Palermo) |
1784, barroco e neoclásico |
Andrea Giganti | Vila Galletti (Bagheria) | Transición barroco-neoclasicismo |
Vivenzo Sinatra | Palacio Ducezio (Noto) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Volum 18 (2004). La Gran Enciclopèdia en català. Barcelona: Edicions 62. pp. p.14290. ISBN 84-297-5446-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barroco siciliano |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hamel, Pasquale (1994). Breve storia della societa siciliana (1790-1980). Palerm, Ed.Sellerio di Giorgianni.
- Blunt, Anthony (1968). Sicilian Baroque. Ed.Weidenfeld & Nicolson.
- Boscarino, Salvatore (1986). Sicilia Barocca. Architettura e città 1610-1760. Roma, Officina Edizioni.
- Di Blasi, M.T. (1993). Pietro Paolo Vasta. Affreschi nelle Chiese di Acireale. Catania, Maimone Editore.
- Drago, Francesco Palazzolo (1927). Famiglie nobili siciliane. Palerm, Ed. Arnaldo Forni.