Stefano Ittar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1724 Ovruch, Ucraína (pt) |
Morte | 1790 (65/66 anos) A Valeta, Malta |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Sebastiano Ittar, Henryk Ittar |
Stefano Ittar, nado contra 1730 e finado en 1789, foi un arquitecto italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ittar naceu en Ovruch (entón na Comunidade Polaco-Lituana, hoxe en Ucraína), onde seu pai, membro da familia aristocrática Guidone de Hittar, fóra refuxiado debido a un conflito co Grande Ducado de Toscana.
Cando Stefano era aínda novo, a súa familia trasládase a Roma, onde puido estudar arquitectura baixo a protección do cardeal Alessandro Albani e influenciarse polas realizacións de Francesco Borromini.
Despois dunha breve estancia en España, Ittar instálase en Catania, na Illa de Sicilia, en 1765. A vila estaba fortemente danada polo sismo de 1693, grazas aos esforzos de Giovanni Battista Vaccarini que reconstruíra barrios enteiros no estilo barroco.
Entre as realizacións de Stefano Ittar en Catania, cóntanse a Igrexa de San Martino ai Bianchi, Igrexa San Placido e sobre todo a fachada da Collegiata, considerada coma obra mestra e coma un modelo na técnica do claro-escuro.
Dous dos fillos de Stefano, Enrico e Sebastiano, chegaron tamén a ser afamados arquitectos locais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]