Saltar ao contido

Bartholomew Price

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaReverendo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Bartholomew Price

Bartholomew Price. Litografía de Beynon & Company
Biografía
Nacemento1818 Editar o valor en Wikidata
Gloucestershire, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte29 de decembro de 1898 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Oxford, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónPembroke College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas, álxebra, análise matemática, cálculo infinitesimal, cálculo diferencial, cálculo integral (pt) Traducir, cálculo de variacións e mecánica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Cambridge Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, científico, profesor universitario, ministro Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosWilliam Arthur Price Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of National Biography, first supplement (en) Traducir
Alumni Oxonienses: the Members of the University of Oxford, 1715–1886 (en) Traducir
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Price-32901

Bartholomew Price, nado en 1818 na vila de Coln St. Dennis, Gloucestershire, e finado o 29 de decembro de 1898, foi un matemático e educador inglés.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Price comezou os seus estudos superiores de matemáticas no Pembroke College, en Oxford, en 1840, onde conseguiu senllas bolsas universitarias en 1842 e 1844. En 1845 adquiriu a condición de titor e profesor de matemáticas. Ao pouco tempo gozaba xa de moito prestixio como docentee comezou coa publicación dos seus primeiros tratados: Diferencial calculus (1848) e Infinitesimal calculus (en catro volumes, entre 1852 e 1860), que se consideraron como libros de texto principais durante moito tempo.[2]

En 1853 foi nomeado catedrático, posto do que dimitiu en xuño de 1898. A súa actividade pública principal en Oxford estaba relacionada co Hebdomadal Council (o corpo reitor da universidade) e coa editora universitaria Oxford University Press, da que foi secretario durante varios anos. Exercía tamén como conservador da Bodleian Library, bolseiro honorario do Queen's College, gobernador do Winchester College e visitante do Observatorio Real de Greenwich. En 1891, foi elixido director do Pembroke Universidade, dignidade que levaba aparellada a de cóengo da catedral de Gloucester.

En 1889 era un dos accionistas da empresa Silver's, de Silvertown, no leste de Londres, unha puxante compañía de caucho.[3]

Price faleceu en decembro de 1898 e foi enterrado no cemiterio Holywell, en Oxford.[4]

  • An essay on the relation of the several parts of a mathematical science to the fundamental idea therein contained (1849). [Texto en liña]
  • A Treatise on Infinitesimal Calculus v. 1: Differential calculus (1857). [Texto en liña]
  • A Treatise on Infinitesimal Calculus v. 2. Integral calculus and calculus of variations. [Texto en liña]
  • A Treatise on Infinitesimal Calculus v. 3. Statics attractions, dynamics of material particle. [Texto en liña]
  • A Treatise en Infinitesimal Calculus v. 4: The dynamics of material systems (1862). [Texto en liña]
  1. "Price, Bartholomew (1818–1898), college head". Oxford Dictionary of National Biography (en inglés). doi:10.1093/ref:odnb/22741. Consultado o 2022-05-10. 
  2. Chisholm, Hugh (ed.). "Price, Bartholomew". En Encyclopaedia Britannica. 22. Cambridge University Press. 1911. Páxinas 313-314. (En inglés)
  3. Tully, John. Silvertown. The Lost Story of a Strike that Shook London and Helped Launch the Modern Labor Movement. Nova York. Monthly Review Press. 2014. [ISBN 9781907103995] (En inglés)
  4. "Monthly Notices". Royal Astronomical Society. 1899.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]