Saltar ao contido

Bartolomeo Contarini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBartolomeo Contarini
Biografía
Nacementoséculo XV Editar o valor en Wikidata
Venecia, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte1454 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Rexente
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrexente Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaFamília Accioli (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeClara Zorzi Editar o valor en Wikidata

Bartolomeo Contarini foi un mercador veneciano que casou coa duquesa viúva de Atenas Clara Zorzi en 1453 e gobernou o ducado no nome do seu pequeno fillo, Francesco I.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bartolomeo era fillo de Príamo Contarini, o castelán de Nauplia. Despois de ir a Atenas por negocios, namorouse de Clara e enviou a asasinar a súa esposa que tiña en Venecia co fin de casar coa duquesa. Os cidadáns atenienses, con todo, desconfiaban da influencia destes dous amantes sobre o novo duque e probabelmente temían pola súa vida. Exhortaron a Mehmed II, o sultán otomán, a intervir en nome do novo duque Francesco. Bartolomeo e Clara foron convocados á súa corte en Adrianópole e o novo duque foi posto baixo coidado do sultán, mentres que o seu primo Francesco II era enviado a Atenas como un duque cliente turco.

O novo duque asasinara a Clara en Megara e Bartolomeo apelou ao sultán por xustiza. Atenas foi tomada en mans turcas e Francesco II foi deposto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Setton, Kenneth M. (general editor) A History of the Crusades: Volume III The Fourteenth and Fifteenth Centuries. Harry W. Hazard, editor. University of Wisconsin Press: Madison, 1975.
  • Setton, Kenneth M. Catalan Domination of Athens 1311–1380. Revised edition. Variorum: Londres, 1975.