Antonio I Acciaioli
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1370 Florencia, Italia |
Morte | A principios 1435 (64/65 anos) Atenas, Grecia |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Família Accioli (pt) |
Cónxuxe | Maria Melissene |
Pai | Nerio I Acciaioli |
Irmáns | Bartolomea Acciaiuoli Francesca Acciaiuoli |
Antonio I Acciaioli (tamén escrito Acciaiuoli ou Acciajouli), finado en xaneiro de 1435, chamado o Bastardo, foi o fillo ilexítimo de Nerio I de Atenas e a súa amante María Rendi. Converteuse en duque de Atenas á morte do seu pai (1394), pero foi expulsado ese mesmo ano pola República de Venecia, o executor da vontade de Nerio. Durante a súa carreira bélica como duque desde 1402 até a súa morte, foi un terror para os seus veciños, pero mantivo os seus dominios internamente pacíficos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Por vontade do seu pai herdou o castelo de Lebadea e o goberno da cidade de Tebas. Apoiou a Teodoro I Paleólogo, déspota de Morea, contra o déspota de Epiro, Carlo I Tocco. En 1397, invadiu a Ática con intencións expansionistas.
En 1400, Venecia nomeou a un dos seus, Nicolò Vitturi, podestà en Atenas. En 1402, Antonio cercou a cidade e tomouna, sendo proclamado duque pola poboación. En agosto, Venecia ofreceu 8.000 hyperpyrones para a cidade e en novembro Tommaso Mocenigo foi enviado a ofrecer 1.700 ducados. En xaneiro ou febreiro de 1403, Vitturi rendeu finalmente o castelo e nese último mes, Bernardo Foscarini, o bailío veneciano de Negroponte foi capturado en batalla. O 31 de marzo de 1405, asinouse un tratado de paz entre Antonio e Venecia.
A carreira de Antonio foi militarista e aventureira. En 1406, tomou Staria (preto de Negroponte) e en 1410 uniuse aos turcos otománs para devastar a cidade de Nauplia, que estaba en poder veneciano. En 1419, unha paz entre os turcos e Venecia pediron a Mehmed I que solicitase a Antonio cesar as súas hostilidades contra os venecianos. En 1423, el estaba en guerra con Teodoro II de Morea e ocupou Corinto.
Antonio nunca esqueceu as súas raíces florentinas e esforzouse por facer de Atenas unha capital coa mesma cultura: coa renovación dos monumentos, en cartas condescendentes, e o fomento da cabalaría. O 7 de agosto de 1422, concedeu privilexios aos comerciantes florentinos en Atenas. Nese ano, Afonso V de Aragón reclamou os seus dereitos mediante o nomeamento de Tommaso Beraldo, un duque catalán. Giovanni Acciaioli, tío de Antonio e arcebispo de Tebas, que estaba entón en Roma, foi enviado a Venecia para apelar a designación de Tommaso ao senado alí, pero as súplicas foron ignoradas.
Antonio morreu no poder en xaneiro de 1435 sen fillos lexítimos e a súa sucesión ao ducado foi disputada entre os seus sobriños Nerio II e Antonio II, e a súa viúva (María Melissena).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Caravale, Mario. (ed) Dizionario Biografico degli Italiani. Roma.
- Setton, Kenneth M. (general editor) A History of the Crusades: Volume III — The Fourteenth and Fifteenth Centuries. Harry W. Hazard, editor. University of Wisconsin Press: Madison, 1975.
- Setton, Kenneth M. Catalan Domination of Athens 1311–1380. Revised edition. Variorum: Londres, 1975.