A Base Edwards da Forza Aérea, orixinalmente denominada campo Muroc, é o principal campo de probas aéreo da Forza Aérea dos Estados Unidos de América. Vén sendo usada desde principios dos anos 1940 para voos de proba e para as probas de novos tipos de aeronaves. Foi usado tamén durante o programa dos transbordadores espaciais da NASA e para a proba de distintos tipos de foguetes.[1]