Batalla de Nedao
Batalla de Nedao | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
Combatentes | |||||||||
Xépidos |
Hunos |
A Batalla de Nedao, foi un enfrontamento militar entre os hunos e varios pobos xermánicos, especialmente xépidos e ostrogodos, que tivo lugar en Panonia no 454.[1] O Nedao é un río afluente do Save.[1]
Contexto
[editar | editar a fonte]Aínda que durante a década do 440, o imperio huno avanzou cara Europa Occidental, os reveses na Galia no 451 e na península italiana non 452, provocou o seu retroceso. A situación agravouse ao morrer Atila o ano seguinte. Seus fillos, Elac, Ernac e Dengitzic, enleáronse para se converteren en herdeiros do imperio e as liortas facilitaron que varios pobos xermánicos que combatían con eles como vasalos, levaran a cabo unha revolta para se independizaren. Ardarico, o rei dos xépidos que foi un dos xenerais máis fieis de Atila, e conselleiro del, liderou a revolta[2] á que, tamén, se uniron os ostrogodos cos seus reis Teodomiro, Valamiro e Videmiro.
Batalla
[editar | editar a fonte]O exército dos hunos foi derrotado e, durante a batalla ou inmediatamente despois, morreu Elac.[3] Deste xeito, xépidos e ostrogodos obtiveron a independencia respecto do imperio dos hunos, que xa empezara a desintegrarse.[1] Os poucos hunos que sobreviviron foron rexeitados por Ardarico e fuxiron carra ao Mar Negro.[4]
Hipóteses actuais
[editar | editar a fonte]Xordanes afirmou que na batalla de Nedao os ostrogodos loitaran contra os hunos, mais esta tese é rexeitada por historiadores actuais como Herwig Wolfram[5] e Hyun Jin Kim. Este último cre que esta é unha historia inventada e que o propio rei ostrogodo loitou aliado aos hunos.[6] Por outra branda, J.R. Martindale e Franz Altheim aceptan que os ostrogodos estaban entre os vencedores de Nedao, mentres que moitos outros, entre eles Otto J. Maenchen-Helfen, opinan que non tiveran ningunha participación.[7]
Consecuencias
[editar | editar a fonte]Como consecuencia da batalla, o dominio dos hunos sobre Europa central e oriental foi decaendo. Resulta difícil reconstruí-lo curso exacto dos acontementos mais, parece ser que, contra a década do 460 o imperio huno foise disolvendo e os xépidos, ruxios, hérulos, suevos e ostrogodos se independizaron para se converteren en federados do Imperio romano. Os hunos, reorganizados por Dengizic, mudáronse ao leste onde atacaron o Imperio romano oriental e foron, finalmente derrotados no 469. A partir desa data, os hunos desapareceron da historia europea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Wolfram 1990, p. 258.
- ↑ Hodking 1894, p. 29.
- ↑ Gordon 1966, p. 111.
- ↑ Fields 2006, p. 16.
- ↑ Wolfram 1990, p. 259.
- ↑ Kim 2013, p. 113.
- ↑ Wolfram 1990, p. 448 (na nota 87, reflicte toda a discusión académica sobre o tema).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fields, Nic (2006). The Hun: Scourge of God AD 375-565 (en inglés). Oxford: Osprey. ISBN 9781846030253.
- Hodking, Thomas (1894). Theodoric the Goth: The Barbarian Champion of Civilization (en inglés). Londres: G.P. Putnam's Sons.
- Gordon, C.D. (1966). The Age of Attila: Fifth Century Byzantium and the Barbarians (en inglés). Ann Arbor: University of Michigan.
- Kim, Hyun Jin (2013). The Huns, Rome and the Birth of Europe (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-1-107-00906-6.
- Maenchen-Helfen, Otto (1973). The World of the Huns: Studies in Their History and Culture (en inglés). Berkeley: University California Press. ISBN 9780520015968.
- Wolfram, Herwig (1990). History of the Goths (en inglés). Berkeley: University of California Press. ISBN 0520069838.