Saltar ao contido

Bath Rugby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bath Rugby
NomeBath Rugby Football Club
Fundación1865
SedeBath
Estadio(s)Recreation Ground
Capacidade12,300 espectadores
PresidenteInglaterra Bruce Craig
AdestradorInglaterra Mike Ford
CapitánInglaterra Stuart Hooper
Liga(s)Aviva Premiership
2015/16-
Casa
Fóra
Na rede
http://www.bathrugby.com
Twitter: bathrugby Instagram: bathrugby Editar o valor en Wikidata

Bath Rugby é un club profesional de rugby, con sede na cidade inglesa de Bath, que compite na máxima categoría do rugby inglés, a Aviva Premiership. O club disputa os seus partidos como local no Recreation Ground.

O club foi fundado no ano 1865, o que o converte nun dos clubs máis antigos que existen aínda hoxe. Durante as súas primeiras décadas adoitaba enfrontarse a clubs veciños, ou do próximo Gales. No século XX fixo as súas primeiras saídas a Francia para xogar fronte a clubs do país galo. Coa creación da primeira competición oficial en Inglaterra a comezos dos anos 70, a copa inglesa, hoxe chamada Anglo-Welsh Cup, Bath Rugby achou a súa oportunidade para estrear palmarés.

A época dourada do club comezou a mediados dos 80, cando Bath Rugby conquistou en 4 ocasións a Copa Inglesa entre os anos 1984 e 1987. Volveu gañar o torneo nos anos 1989, 1990, 1992, 1994, 1995 e 1996.

Cando se creou a competición de liga a finais dos 80, Bath Rugby rematou 4º na súa primeira edición, pero ó seguinte ano, en 1989, si obtivo o seu primeiro título de campión inglés de liga. En 1990 rematou 3º, pero despois encadeou 4 campionatos seguidos entre 1991 e 1994. En 1996 logrou o seu 6º título de liga.

A mediados dos anos 90 o mundo do rugby emprendeu o reto da profesionalización do deporte. En 1995 creouse en Europa un campionato europeo de clubs, a Heineken Cup, por iniciativa das federacións que participaban no torneo das 5 nacións. Bath Rugby conseguiu coroarse como campión de Europa no ano 1998, ó derrotar na final por 19 a 18 ó Brive francés, campión no ano anterior. Era o primeiro club inglés campión de Europa.

Por aquel entón o palmarés nacional e europeo de Bath Rugby lideraba a clasificación dos clubs ingleses. Na súas ringleiras había estrelas como Jeremy Guscott, Mike Catt, Andy Robinson ou Phil de Glanville entre outros, pero dende entón o club non volveu ser o club dominador que foi durante 15 anos nos anos 80 e 90.

Na tempada 2007/08, 10 anos despois do seu derradeiro título, Bath Rugby logrou gañar na final da European Challenge Cup, a segunda competición continental, derrotando ós Worcester Warriors por 24 a 16. Era a terceira final que disputaba nesa competición, perdendo nas 2 anteriores, fronte a London Wasps en 2003 e fronte a Clermont en 2007.

Bath Rugby xoga os seus partidos como local no pequeno estadio The Recreation Ground, coñecido como The Rec, en Bath, onde collen unhas 12 300 persoas. O estadio construíuse en 1894, e o club está pensando amplialo ou construír un novo estadio nas aforas da cidade onde se poidan sentar cando menos 20 000 seareiros.

Ademais dos xogadores antes nomeados, en Bath Rugby teñen xogado grandes estrelas do rugby como Iain Balshaw, Steve Borthwick, Mike Tindall, Jason Robinson, Ieuan Evans, Olly Barkley, Danny Grewcock e outros.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Competicións nacionais

[editar | editar a fonte]
Competición Títulos 2016 2015 2014 2013 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88
Inglaterra Liga inglesa 6 - 2 5 7 8 5 4 4 3 8 9 4 1 11 11 3 2 6 3 2 1 2 1 1 1 1 3 1 4
Competición Títulos 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72
Inglaterra Copa inglesa 10 - F C C C C C C C C C C
  • Na táboa da liga, o número indica a posición final ó remate da tempada regular. En vermello, ano no que foi campión.
  • Na táboa da copa, o "C" en vermello indica o ano no que foi campión, e o "F" indica o ano no que foi finalista.

Competicións continentais

[editar | editar a fonte]
Competición Títulos 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96
Copa de Campións Europea de Rugby Copa de Europa - ¼ 1 g g g ¼ ½ g ¼ g g C ¼
Competición Títulos 16 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97
European Rugby Challenge Cup Challenge Cup 1 F ¼ C C F ½ F
  • C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.

Tempada actual

[editar | editar a fonte]
Inglaterra Aviva Premiership — Tempada 2015/16
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
Saracens 37 9 8 0 1 4 1
Exeter 34 9 7 0 2 4 2
Harlequins 31 9 6 1 2 3 2
Leicester 29 9 7 0 2 1 0
Northampton 22 9 4 0 5 1 5
Wasps 20 9 4 0 5 2 2
Gloucester 20 9 4 1 4 1 1
Sale 17 8 3 1 4 1 2
Bath 17 8 3 0 5 1 3
10º Worcester 10 9 2 0 7 1 3
11º Irish 8 9 2 0 7 0 0
12º Newcastle 7 9 1 1 7 0 1

<<<< 2014/15 — Tempadas — 2016/17 >>>>


En verde      os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º).
En azul      os clasificados para a Copa de Campións Europea de Rugby 2015-2016 (5º e 6º).
En amarelo      posición para disputar o playoff pola Copa de Campións Europea de Rugby.
En rosa      o equipo en descenso directo (12º).


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]