Saltar ao contido

Wasps RFC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «London Wasps»)
London Wasps
NomeLondon Wasps Holdings Ltd
Alcume(s)Waspies
Fundación1867 como Wasps FC
SedeHigh Wycombe, Inglaterra
Estadio(s)Ricoh Arena
Capacidade32.609 espectadores
PresidenteInglaterra Mark Rigby
AdestradorGales Dai Young
CapitánInglaterra James Haskell
Liga(s)Aviva Premiership
2015/16-
Casa
Fóra
Na rede
http://www.wasps.co.uk
Facebook: WaspsRugby Twitter: WaspsRugby Instagram: waspsrugby Editar o valor en Wikidata

London Wasps é un club profesional de rugby, con sede na localidade inglesa de High Wycombe, nas aforas de Londres, e que compite nas máximas categorías do rugby nacional (Aviva Premiership e Anglo-Welsh Cup) e do rugby europeo (Copa de Campións Europea de Rugby). O equipo xoga no Ricoh Arena de Coventry.

O club naceu no ano 1867 despois dunha división producida entre os socios do Hampstead Football Club. Desa separación, xurdiu por unha parte o Wasps Football Club e pola outra o Harlequin FC. Durante as primeiras décadas da súa existencia, os Wasps estiveron emigrando dun estadio a outro polo noroeste de Londres. Na primeira metade do século XX o club era considerado como un dos mellores, pero non existía un campionato oficial de clubs para determinalo, aínda que a selección inglesa adoitaba levar xogadores dos Wasps.

Cando a Federación Inglesa de Rugby creou o campionato de Copa en 1971 e o campionato de Liga en 1987, o club comezou a encher o seu palmarés de títulos. Aínda que os Wasps tardaron 15 anos en chegar á súa primeira final de Copa, que perdeu fronte a Bath Rugby, tardou só 3 anos en proclamarse campión de liga, na tempada 1989/90.

Aínda que o club gañou a súa segunda liga na tempada 1996/97 e a súa primeira copa en 1999, o maiores éxitos do club foron na primeira década do século XXI. Nos derradeiros 10 anos os Wasps teñen gañado 4 ligas, 2 copas, 2 copas de Europa e 1 copa Challenge, convertendo o palmarés do club nun dos máis importantes do continente.

Na tempada 2001/02 o equipo se moveu á localidade de High Wycombe para xogar os seus partidos no estadio Adams Park, un pequeno estadio no que ata aquel intre xogaba o equipo de fútbol dos Wycombe Wanderers. Por mor dun dos grandes problemas que tivo sempre o club, a baixa asistencia de seareiros ós partidos, o estadio ampliouse en 2006 para aumentar a súa capacidade ata 10.516 espectadores, porén o club está a traballar nun proxecto para construír un novo estadio para mais de 15.000 persoas na mesma localidade.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Competicións nacionais

[editar | editar a fonte]
Competición Títulos 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88
Inglaterra Liga inglesa 6 - 6 7 8 11 9 5 7 2 5 4 2 2 2 7 2 7 5 9 1 4 3 3 2 7 2 1 3 2
Competición Títulos 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72
Inglaterra Copa inglesa 3 - C C C F F F F
  • Na táboa da liga, o número indica a posición final ó remate da tempada regular. En vermello, ano no que foi campión.
  • Na táboa da copa, o "C" en vermello indica o ano no que foi campión, e o "F" indica o ano no que foi finalista.

Competicións continentais

[editar | editar a fonte]
Competición Títulos 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96
Copa de Campións Europea de Rugby Copa de Europa 2 - ¼ g g g C g g C g g ¼ ¼ g
Competición Títulos 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97
European Rugby Challenge Cup Challenge Cup 1 ½ ¼ ¼ ¼ ½ C
  • C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.

Tempada actual

[editar | editar a fonte]
Inglaterra Aviva Premiership — Tempada 2015/16
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
Saracens 37 9 8 0 1 4 1
Exeter 34 9 7 0 2 4 2
Harlequins 31 9 6 1 2 3 2
Leicester 29 9 7 0 2 1 0
Northampton 22 9 4 0 5 1 5
Wasps 20 9 4 0 5 2 2
Gloucester 20 9 4 1 4 1 1
Sale 17 8 3 1 4 1 2
Bath 17 8 3 0 5 1 3
10º Worcester 10 9 2 0 7 1 3
11º Irish 8 9 2 0 7 0 0
12º Newcastle 7 9 1 1 7 0 1

<<<< 2014/15 — Tempadas — 2016/17 >>>>


En verde      os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º).
En azul      os clasificados para a Copa de Campións Europea de Rugby 2015-2016 (5º e 6º).
En amarelo      posición para disputar o playoff pola Copa de Campións Europea de Rugby.
En rosa      o equipo en descenso directo (12º).


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]