Baude Cordier
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1364 Reims, Francia |
Morte | valor descoñecido Dijon, Francia |
Actividade | |
Ocupación | compositor, arpista |
Período de actividade | 1378 - 1395 |
Xénero artístico | Música culta |
Movemento | Ars subtilior |
Instrumento | Órgano |
Baude Cordier, nado cara a 1380 en Reims e finado antes de 1440, foi un compositor francés de música renacentista. Suxeriuse nalgunha ocasión que Cordier era o pseudónimo de Baude Fresnel.[1][2] As súas composicións considéranse entre as máis representativas da ars subtilior. En liña con esa tendencia cultural, utilizaba adoito a cor vermella na súa notación para indicar alteracións rítmicas.[3]
Composicións
[editar | editar a fonte]Chegaron a nós tan só dez cancións seculares de Cordier, a maioría delas rondós:
- Algunhas delas, ritmicamente complexas, pertencen ao estilo francés da ars subtilior, como Amans amés secretement.[4]
- Outras son máis sinxelas, cunha grande énfase na melodía lírica, como Belle, Bonne, Sage; o seu manuscrito ten a forma dun corazón.[5]
Foi tamén autor dun canon circular titulado Tout par compas suy composés, cuxo manuscrito está escrito nun círculo.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wright, Craig, "Tapissier and Cordier: New Documents and Conjectures". En Quarterly, The Musical. 59. Número 2. Abril de 1973. 177–89.
- ↑ Reaney, Gilbert. "Cordier, Baude". En The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Ed. Stanley Sadie. Londres. Macmillan, 1980. [ISBN 1-56159-174-2]
- ↑ Parrish, Carl. The Notation of Medieval Music. W. W. Norton, 1957.
- ↑ Transcrita e comentada en: Davison e Apel. Historical Anthology of Music (HAM): Oriental, Medieval and Renaissance Music. Harvard University Press. 2014 [ISBN 978-0-674-33542-4]
- ↑ Texto orixinal en francés e a súa tradución a inglés Arquivado 08 de decembro de 2016 en Wayback Machine..
- ↑ Bergsagel, John. "Cordier's Circular Canon" En The Musical Times. 113, Número 1.558. Decembro de 1972. Páxinas 1.175 a 1.177.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Partituras de Baude Cordier. En IMSLP Petrucci Music Library.
- Partituras de Baude Cordier Arquivado 25 de abril de 2017 en Wayback Machine.. En Choral Public Domain Library.