Be Your Own Pet
Be Your Own Pet | |
---|---|
A banda en 2008 | |
Orixe | Nashville, Tennessee, |
Período | 2003 - 2008 2021 - presente |
Xénero(s) | garage punk, garage rock, rock alternativo, noise pop |
Selo(s) discográfico(s) | Infinity Cat, XL Recordings, Ecstatic Peace!, Universal, Third Man |
Membros | Jemina Pearl Jonas Stein Nathan Vasquez John Eatherly |
Antigos membros | Jamin Orrall |
Na rede | |
Be Your Own Pet (tamén coñecida como BYOP ou estilizada como be your own PET) é unha banda estadounidense de punk/garage rock formada en Nashville, Tennessee, en 2003. Durante a meirande parte da súa carreira o grupo estivo composto pola vocalista Jemina Pearl, o guitarrista Jonas Stein, o baixista Nathan Vasquez e o batería John Eatherly. Despois de lanzar os seus primeiros sinxelos e EPs co selo de Nashville Infinity Cat Records, a banda fichou por XL Recordings e polo selo de Thurston Moore, Ecstatic Peace!/Universal Records, no Reino Unido e América do Norte respectivamente.
A banda publicou o seu álbum de estrea, Be Your Own Pet, en 2006, sendo aclamado por publicacións como NME e Pitchfork. Pouco despois do lanzamento do seu seguindo álbum, Get Awkward, en 2008 o grupo separouse, citando a misoxinia dirixida e experimentada por Pearl e un esgotamento xeral polas presións da industria musical como razóns da súa separación.[1]
Tras un hiato de 14 anos, o grupo reuniuse e 2021 despois de que o músico Jack White lles pedise ser o seu abreconcertos para un feixe de concertos da súa xira Supply Chain Issues Tour que promocionaría os dous álbum que lanzaría ese ano.[2] Pouco despois ficharon polo selo Third Man Records, propiedade de White e do marido de Pearl, Ben Swank, a través do cal a banda lanzou o seu terceiro álbum, Mommy, en agosto de 2023.[3]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Be Your Own Pet | 2006 | Ecstatic Peace!/Universal Records |
Get Awkward | 2008 | Ecstatic Peace!/Universal Motown Records |
Mommy | 2023 | Third Man Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Snapes, Laura (2022-03-18). "‘I was susceptible to being taken advantage of’: Be Your Own Pet return after surviving sleazy indie". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-12-09.
- ↑ Pearis, Bill (2022-03-15). "Be Your Own Pet reuniting to open for Jack White, first shows in 14 years". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2023-12-09.
- ↑ "Be Your Own Pet announce new album". Third Man Records. Consultado o 2023-12-09.