Beatriz Corredor
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Beatriz Corredor Sierra 1 de xullo de 1968 (56 anos) Madrid, España |
Deputada de España | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 3 de decembro de 2019 – 3 de xaneiro de 2020 – Isaura Leal (en) → Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
Deputada de España | |
16 de maio de 2019 – Lexislatura: XIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
Minister of Housing of Spain (en) | |
14 de abril de 2008 – 20 de outubro de 2010 ← Carme Chacón | |
Concelleiro de Madrid | |
setembro de 2007 – 30 de abril de 2008 ← Mercedes Elvira del Palacio Tascón (en) – Almudena Fernández Cantó → | |
Deputada de España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Autónoma de Madrid - licenciatura en Dereito |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política, rexistradora da propiedade, avogada |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español (2003–) |
Salario base | 546 |
María Beatriz Corredor Sierra, nada en Madrid o 1 de xullo de 1968, é unha xurista e política española, que ocupou o Ministerio de Vivenda e desde febreiro de 2020 é a presidenta de Red Eléctrica de España.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou dereito na Universidade Autónoma de Madrid, na que se licenciou en 1991. En 1993 converteuse en rexistradora da propiedade e foi directora do Servizo de Estudos Rexistrais de Castela-A Mancha entre 2002 e 2007. Así mesmo foi vogal-rexistradora do tribunal de oposicións ao corpo de Rexistros da Propiedade e Merantís de España, primeira muller que ocupou ese cargo.
Actividade política
[editar | editar a fonte]Afiliada ao Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) desde o ano 2003, foi secretaria de muller e igualdade na agrupación local de San Blas-Canillejas, na cidade de Madrid.[2] Nas eleccións municipais de 2007 ocupou o posto número 20 na lista do PSOE para Madrid encabezada por Miguel Sebastián.[3] Foi concelleira entre setembro de 2007 e abril de 2008.[4]
O 14 de abril de 2008 tomou posesión do Ministerio de Vivenda na constitución do goberno presidido por José Luis Rodríguez Zapatero. Abandonou o goberno coa desaparición do ministerio o 20 de outubro de 2010 nunha ampla remodelación do Consello de Ministros.[5] Entón foi nomeada Secretaria de Estado de Vivenda e Actuacións Urbanas para o Ministerio de Fomento. Abandonou o cargo en decembro de 2011, tras concluír o mandato socialista.
Actividade profesional
[editar | editar a fonte]Desde o 25 de febreiro de 2020 ocupa o cargo de presidenta da empresa Red Eléctrica de España (Grupo Red Eléctrica y del Consejo de Administración de Red Eléctrica Corporación, S.A.) que desenvolve a explotación unificada do transporte de electricidade a toda España.[6] Ademais de rexistradora da propiedade en excedencia, foi profesora de dereito civil, profesora asociada da ETSAM,[7] vicepresidenta do Real Padroado do Museo Raíña Sofía,[8] mentora da Fundación Endeavor España[9] e membro do consello asesor de AlumniUAM.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Beatriz Corredor Sierra". Fundación Pablo Iglesias (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2021. Consultado o 2021-02-05.
- ↑ niusdiario.es (13 de xaneiro de 2020). "La exministra socialista de Vivienda Beatriz Corredor deja su escaño por motivos personales". Nius Diario.
- ↑ Juntas Electorales de Zona: "Zona de Madrid. Candidaturas proclamadas" (PDF). Boletín Oficial de la Comunidad de Madrid (162): 254–280. 2007-05-01. ISSN 1989-4791.
- ↑ "Beatriz Corredor, secretaria de Estado de Vivienda y Actuaciones Urbanas". 22 de outubro de 2010. Consultado o 19 de novembro de 2024.
- ↑ "Zapatero lo fía todo a Rubalcaba en su remodelación de Gobierno y apacigua las críticas en el PSOE". La Vanguardia (en castelán). 2010-10-20. Consultado o 2022-03-21.
- ↑ "Gobierno corporativo Red Eléctrica. Miembros del Consejo.". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2021. Consultado o 26 de novembro de 2021.
- ↑ "Máster MDI - Profesorado". mastermdi.com. Consultado o 2021-02-05.
- ↑ elDiario.es (23 de xuño de 2020). "El Gobierno sitúa a las exministras Sinde y Corredor al frente del patronato del Museo Reina Sofía" (en castelán).
- ↑ FORBES (20 de xullo de 2020). "Mujer del día: Beatriz Corredor Sierra, presidenta de Red Eléctrica" (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beatriz Corredor |