Red Eléctrica de España
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
REE | |
---|---|
Arriba, o logotipo de Redeia, o nome institucional Abaixo, o logotipo de Red Eléctrica, a marca comercial | |
Instalacións de REE en Mesón do Vento, As Travesas. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1985 |
Localización | Paseo Conde de los Gaitanes, 177 - Alcobendas |
Persoas clave | Beatriz Corredor (Presidenta) |
Industria | Distribución eléctrica |
Produtos | Enerxía |
Beneficio | 1.755,3 millóns de euros (2012) |
Número de empregados | 1 800 |
Na rede | |
http://www.ree.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Red Eléctrica de España (REE) é unha empresa española con sede en Madrid dedicada á xestión da infraestrutura eléctrica de alta tensión de España.
REE foi fundada en 1985 en aplicación da lei 49/1984, de 26 de decembro. Foi a primeira empresa do mundo dedicada en exclusividade ao transporte e xestión do sistema eléctrico.
A lei 54/1997 do sector eléctrico de España confirmou a exclusividade de Red Eléctrica no sistema enerxético coa lei 17/2007, que modificou esta lexislación para adaptala á Directiva Europea 2003/54/CE, e mantivo a Red Eléctrica como o transportista único e operador do sistema eléctrico en España.
Durante 2010, en cumprimento desta lei, se completou a adquisición dos activos de transporte das empresas eléctricas, incluídos os sistemas de Baleares e Canarias.
Accionistas
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O maior propietario de REE é a SEPI.
Accionista | Participación |
---|---|
Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) | 20 % |
UBS | 3,300 % |
HSBC Holdings PLC | 3,239 % |
Talos Capital Limited | 3,087 % |
The Children Investment Fund Management (UK) LLP | 3,087 % |
First Eagle Investment Management LLC | 3,055 % |
MFS Investment Management | 3,046 % |