Beatriz González López-Valcárcel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 (66/67 anos) Vigo, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de La Laguna (–1983) Universidade de Santiago de Compostela - licenciatura en Ciencias Económicas (–1975) Universidade de La Laguna - doutoramento Universidade de Santiago de Compostela - Licenciatura |
Actividade | |
Ocupación | investigadora, economista |
Empregador | Universidade das Palmas de Gran Canaria (1998–2001) Universidade das Palmas de Gran Canaria (1991–) Universidade das Palmas de Gran Canaria (1991–1992) International University of Southern Europe (en) , profesora asistente (1986–1986) Universidade das Palmas de Gran Canaria (1986–1991) Erasmus Universiteit Rotterdam (pt) , Professor visitante (pt) (1985–1986) Universidade de La Laguna, profesor de educación superior (1977–1986) Universidade das Palmas de Gran Canaria |
Premios | |
| |
Beatriz González López-Valcárcel, nada en Vigo, é unha catedrática e investigadora galega en economía da saúde.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Económicas pola Universidade de La Laguna[1], é profesora da Universidade das Palmas de Gran Canaria.
Foi presidenta da Asociación Española de Economía da Saúde entre 2004 e 2005, da Sección de Economía da Saúde Pública da Asociación Europea de Saúde Pública (EUPHA) entre 2011 e 2012. Foi membro do Consello Asesor de Sanidade do Ministerio de Economía de España e representante das Canarias no Comité Consultivo do Sistema Nacional de Saúde.[2] Presidenta da Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria entre 2015 e 2017.[3]
En 2011 recibiu a Cruz da Orde Civil de Sanidade e foi nomeada filla adoptiva das Palmas de Gran Canaria en 2009. En 2016, foi á súa vez nomeada filla adoptiva da Illa de Gran Canaria.
En 2017, o portal MujeresCia elixiuna entre as 100 mulleres líderes en España.
É profesora Honoris Causa pola Universidade Isalud de Buenos Aires (2015).
No 2020, forma parte do comité de expertos sobre COVID-19 do Ministerio de Ciencia e Innovación, e do comité asesor do Goberno canario.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Currículum Vitae" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de marzo de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2018.
- ↑ "López-Valcárcel, entre las cien mujeres líderes en España en 2017". La Provincia. 27 de xuño de 2017. Consultado o 13 de marzo de 2018.
- ↑ "Beatriz González López-Valcárcel: «La sociedad cree que la medicina puede curarlo todo y hacerte eterno»".
- ↑ "Beatriz González López-Valcárcel: "Tenemos que apartar el concepto de distancia social, que es erróneo, y cambiarlo por distancia física"". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2020-04-28.