Beatriz Mato
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 (58/59 anos) Barakaldo, España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Beatriz Mato Otero, nada en Barakaldo en 1965, é unha política galega do Partido Popular de Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo a carreira de Enxeñaría industrial, con especialidade en Organización Empresarial, pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Bilbao. Obtivo o máster de Dirección e Administración de Empresas da Escola de Negocios MBA, homologada pola Universidade da Coruña.
En 1989, como técnica de sistemas da multinacional IBM, iniciou a súa traxectoria profesional no sector privado. En 1994 pasa a formar parte do Igape, no que, a partir de 2000 exerceu como delegada da oficina territorial na Coruña.
A nivel político, foi delegada de Pesca na Coruña en 2002 e voceira de Traballo do PPdeG en 2005. Foi elixida parlamentaria pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 2005. Volveu ser elixida parlamentaria nas autonómicas de 2009. Coa chegada dos populares ao goberno da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo designouna como nova conselleira de Traballo e Benestar. En outubro de 2015, pola remodelación do Goberno, foi nomeada conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio[1].
En 2018 abandonou o seu cargo de conselleira para optar á alcaldía da Coruña en detrimento da líder local Rosa Gallego.[2][3] En 2019 renunciou como concelleira da Coruña e en xaneiro de 2020 renunciou ao seu escano no Parlamento de Galicia.[4]
En agosto de 2020 o Grupo Euskaltel incorporouna como conselleira.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Núñez Feijoo destitúe a Rocío Mosquera nunha ampla reestruturación do seu Goberno, artigo en Praza Pública, 4 de outubro de 2015.
- ↑ "Mato e Rey Varela abandonan Política Social sen aprobar o decreto da RISGA, que acumula un atraso de 4 anos". Praza Pública. Consultado o 2018-10-04.
- ↑ "Beatriz Mato será candidata do PP na Coruña coa intención recuperar o goberno local para o seu partido". Galicia Confidencial. Consultado o 2018-10-04.
- ↑ Beatriz Mato formaliza su baja como diputada en el Parlamento
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beatriz Mato |
Predecesor: Ricardo Varela Sánchez |
Conselleira de Traballo e Benestar 2009 - 2015 |
Sucesor: - |
Predecesor: Ethel Vázquez |
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio 2015 - 2018 |
Sucesor: Ángeles Vázquez Mejuto |