Saltar ao contido

Xunta de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xunta de Galiza»)
Xunta de Galicia
Logo da Xunta
Pazo de Raxoi, sede da Xunta de Galicia compartida co Concello de Santiago de Compostela
Información xeral
Formación 1981
Precedente Parlamento de Galicia
Precedentes Xunta do Reino de Galicia

Consello de Galiza

Xurisdición Comunidade Autónoma de Galicia
Sede central Pazo de Raxoi, Santiago de Compostela, 15705
Presidente Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidentes Diego Calvo Pouso

Ángeles Vázquez Mejuto

Director PPdeG
Sitio web
https://www.xunta.gal/

A Xunta de Galicia é o órgano colexiado de goberno de Galicia, tal e como aparece definido no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais os conselleiros. As vicepresidencias e os conselleiros noméanse desde a presidencia. Esta ten a sede no Pazo de Raxoi en Compostela.

Atribucións e funcionamento

[editar | editar a fonte]

A Xunta regula os seus propios tributos, elabora as normas para xestionar os impostos estatais e elabora e aplica o orzamento de Galicia. Tamén ten competencias exclusivas, entre as que se atopan as referidas á organización das súas institucións de autogoberno e das comarcas e parroquias rurais como entidades propias de Galicia; ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda; actuacións en relación ás institucións do Dereito Civil galego; normas procesuais e procedementos administrativos que se deriven do específico Dereito galego ou da organización dos poderes públicos; obras públicas; vías férreas, estradas e transporte; portos, aeroportos e heliportos; aproveitamentos forestais, hidráulicos e relativos á enerxía eléctrica; augas minerais e termais; pesca nas rías e augas interiores; feiras e mercados; artesanía, patrimonio artístico, bibliotecas, museos, conservatorios de música e servizos de Belas Artes; fomento da cultura e da investigación; promoción e ensino da lingua galega, do turismo e do deporte; asistencia social; creación dunha Policía Autónoma; réxime das fundacións; casinos, xogos e apostas; centros de contratación de mercancías e valores; confrarías de pescadores e distintas cámaras e normas adicionais sobre a xestión e conservación protección dos ecosistemas.

A Xunta de Galicia ten a súa orixe na Xunta do Reino de Galicia creada en 1528 e que perviviría, con algunhas interrupcións, ata 1833.

Durante a Guerra da Independencia española, en 1808, crease a Xunta Suprema do Reino de Galicia para dirixir a loita contra Francia e manter a orde pública. A Xunta Suprema asumiu funcións militares, lexislativas e de relacións internacionais até a creación da Xunta Central Española.

En 1843 constituíuse unha Xunta Central de Galicia, presidida por Xosé María Suances e oposta á rexencia de Baldomero Espartero.

En 1846 produciuse o levantamento do comandante Miguel Solís en Lugo, que disolve o Consello Provincial e a Deputación organizando a Xunta Superior do Goberno de Galicia, presidida por Pío Rodríguez Terrazo e que remataría co fusilamento dos Mártires de Carral.

Finalmente, o Real Decreto-Lei 7/1978 e o Real Decreto 474/1978 aprobados o 16 de marzo de 1978 designan a Xunta de Galicia como goberno galego [1].

Alfonso Rueda, presidente da Xunta desde 2022.
Logotipo da Xunta de Galicia.

Presidencia da Xunta de Galicia

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Presidencia da Xunta.

Presidentes da Xunta de Galicia:

Composición actual do Consello da Xunta

[editar | editar a fonte]
Categoría principal: Gobernos de Galicia
Conselleiros da Xunta de Galicia en setembro de 2018, antes das reestruturacións de Feijóo do 2020 e do novo goberno Alfonso Rueda do 2022.

En marzo de 2022, e tras gañar as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 con maioría absoluta por cuarta vez consecutiva, Alberto Núñez Feijóo anunciou a súa dimisión como presidente da Xunta de Galicia, malia ter máis de dous anos de lexislatura por diante, para asumir o liderado do Partido Popular e, seguidamente, foi nomeado senador de designación autonómica polo Parlamento. Nesta situación Alfonso Rueda Valenzuela, o que fora dende as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009 vicepresidente de Feijóo, fíxose cargo da presidencia da Xunta no que queda de lexislatura.

O novo goberno Rueda mantén unha estrutura de liña continuista cos gobernos de Feijóo, incluíndo tamén as dúas vicepresidencias engadidas na recomposición do seu goberno tras as eleccións do ano 2020.

Esta é a composición actual da Xunta e os seus titulares:[2]

As competencias da consellaría de Turismo, que no derradeiro goberno de Núñez Feijóo correspondían ao seu vicepresidente primeiro Alfonso Rueda, foron asumidas por este último como presidente ao se conformar o novo gabinete.

Edificios Administrativos en San Caetano.[3].

Situación

[editar | editar a fonte]
Edificio Central da Xunta de Galicia en Pontevedra.
Delegación da Xunta de Galicia en Vigo.
  • Edificios Administrativos San Caetano
    San Caetano, s/n
    15704 - Santiago de Compostela
  • Pazo de Raxoi
    Praza do Obradoiro.
    15705 - Santiago de Compostela
  • Pazo de Monte Pío
    Rúa do Monte Pío, 44.
    15705 - Santiago de Compostela
  • Sede da Xunta de Galicia na Coruña
    Avda. Salvador de Madariaga, 9
    154781 - A Coruña
  • Sede da Xunta de Galicia en Ferrol
    Praza de España, 2
    15403 - Ferrol
  • Sede da Xunta de Galicia en Lugo
    Ronda da Muralla, 70
    27071 - Lugo
  • Sede da Xunta de Galicia en Ourense
    Avda. da Habana, 79
    32004 - Ourense
  • Sede da Xunta de Galicia en Pontevedra
    Avda. María Victoria Moreno,43
    36003 - Pontevedra
  • Sede da Xunta de Galicia en Vigo
    Rúa Concepción Arenal, 8
    36201 - Vigo
  1. Real Decreto-lei 7/1978, polo que se aproba o réxime preautonómico para Galicia (BOE nº 66, de 18.03.1978) [1] Arquivado 01 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. e Real Decreto 474/1978, polo que se desenvolve o Real Decreto-lei 7/1978 (BOE nº 66, de 18.03.1978) [2] Arquivado 01 de febreiro de 2012 en Wayback Machine..
  2. [3]
  3. As obras na Xunta (agora) non fan ruído, Praza Pública, 24 de marzo de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]