Saltar ao contido

XII Lexislatura do Parlamento de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Composición do Parlamento de Galicia.
     PPdeG (40)     BNG (25)     PSdeG-PSOE (9)     DO (1)

A XII Lexislatura do Parlamento de Galicia é a lexislatura que xurdiu das eleccións do 18 de febreiro de 2024 e comezou o 18 de marzo de 2024.

Grupos parlamentarios

[editar | editar a fonte]

O regulamento do Parlamento de Galicia prevé que os deputados dunha mesma candidatura teñan dereito a constituír un grupo parlamentario, sempre que teña como mínimo 5 deputados. Os deputados pertencentes a un mesmo partido non poden formar grupos parlamentarios separados, agás a excepción prevista no artigo 26.3 do regulamento. Os deputados que non pertenzan nin se asocien a ningún grupo están incluídos no grupo mixto da presente sesión parlamentaria. Cando o número de membros dun grupo se reduza a un número inferior á metade do mínimo necesario para a súa constitución, disólvese e os seus membros únense ao grupo mixto.[1]

Nome Ao comezo Ao fin Voceiro
Grupo popular de Galicia 40 Alberto Pazos
Grupo do Bloque Nacionalista Galego 25 Ana Pontón
Grupo dos socialista de Galicia 9 Xosé Ramón Gómez Besteiro
Grupo mixto 1 Armando Ojea
  1. "Reglamento del Parlamento de Galicia. artículo 22 a 28" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de marzo de 2023. Consultado o 18 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]