Begoña Castellanos García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (56/57 anos) |
Actividade | |
Campo de traballo | Gravado |
Ocupación | gravadora |
Begoña Castellanos García, nada en 1967, é unha deseñadora de moedas española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Begoña Castellanos García, gravadora da Real Casa da Moeda - Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (RCM-FNMT), de Madrid, igual que o seu marido, Luis José Díaz Salas,[1] é a autora de máis de medio cento de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, dos sistemas da peseta e do euro.[2]
En 1993 deseñou a súa primeira moeda, a de 10 pesetas co busto de Joan Miró,[3] e durante a década de 1990 creou varias das moedas máis populares de curso legal en España co seu valor en pesetas.[2][4]
Coa Chegada do euro, o seu deseño co busto de Miguel de Cervantes foi o escollido para os anversos da serie divisionaria de moedas de 10, de 20 e de 50 céntimos de euro. De igual xeito, foi a creadora de varias moedas circulantes conmemorativas de dous euros e doutras cuñaxes da RCM-FNMT destinadas especificamente ao coleccionismo e ao investimento.[4]
En 2004 ocupouse tamén do deseño de tres moedas conmemorativas uruguaias dedicadas ao centenario da UEFA e ao Campionato Mundial de Fútbol de Alemaña en 2006, cuñadas na ceca pública española.[4][6]
Escolma de traballos
[editar | editar a fonte]-
50 pesetas (1993). Estremadura.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Luis José Díaz Sala". Conoce tu moneda.
- ↑ 2,0 2,1 "Begoña Castellanos García". Conoce tu moneda.
- ↑ "10 Pesetas Joan Miró". Numista.com
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Moedas deseñadas por Begoña Castellanos. Numista.com
- ↑ "20 Euro Cent". Numista.com
- ↑ "Monedas de la República Oriental del Uruguay". Monedasuruguay.com
- ↑ "5 Pesetas Asturias". Numista.com
- ↑ "10 Pesetas Joan Miró". Numista.com
- ↑ "25 Pesetas Navarre". Numista.com
- ↑ "50 Pesetas Extremadura". Numista.com
- ↑ "2000 Pesetas - Juan Carlos I Charles V". Numista.com