Beira Litoral
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Capital | Coímbra | ||||
Contén a división administrativa | |||||
A Beira Litoral é unha antiga provincia (ou rexión natural) portuguesa, formalmente instituída pola reforma administrativa de 1936. O seu territorio correspondía na súa maior parte ao da antiga Provincia do Douro desaparecida no século XIX.
As provincias de 1936 practicamente nunca tiveron atribucións prácticas, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario cotián dos seus habitantes) coa entrada en vigor da Constitución de 1976.
Facía fronteira ao norte co Douro Litoral, ao leste coa Beira Alta e a Beira Baixa, ao sueste co Ribatexo, a suroeste coa Estremadura e ao oeste co océano Atlántico.
Estaba constituída por 33 concellos, integrando a maior parte dos distritos de Aveiro e Coímbra, metade do distrito de Leiria, e tamén un concello do distrito de Santarém. Tiña a súa capital na cidade de Coímbra.
- Distrito de Aveiro: Águeda, Albergaria-a-Velha, Anadia, Aveiro, Estarreja, Ílhavo, Mealhada, Murtosa, Oliveira de Azeméis, Oliveira do Bairro, Ovar, São João da Madeira, Sever do Vouga, Vagos, Vale de Cambra.
- Distrito de Coímbra: Arganil, Cantanhede, Coímbra, Condeixa-a-Nova, Figueira da Foz, Góis, Lousã, Mira, Miranda do Corvo, Montemor-o-Velho, Penacova, Penela, Poiares, Soure.
- Distrito de Leiria: Alvaiázere, Ansião, Batalha, Castanheira de Pêra, Figueiró dos Vinhos, Leiria, Pedrógão Grande, Pombal.
- Distrito de Santarém: Ourém.
Actualmente, esta provincia fai parte, na súa case totalidade, da rexión Centro, abarcando ademais tres municipios situados na rexión Norte, subrexión do Entre Douro e Vouga (Oliveira de Azeméis, São João da Madeira e Vale de Cambra). Os municipios da rexión Centro, repártense na totalidade das subrexións do Baixo Vouga, Baixo Mondego, a case totalidade do Piñal Interior Norte (exceptuados os municipios de Oliveira do Hospital e Tábua, que pertencían á Beira Alta, e da Pampilhosa da Serra, integrado na Beira Baixa), parte do Piñal Litoral (excepto os concellos da Marinha Grande e Porto de Mós) e tamén un concello do Medio Texo (Ourém).