Beira Transmontana
Localización | |||
---|---|---|---|
Para algúns xeógrafos, a Beira Transmontana designaba o o anaco da provincia de Tras os Montes e Alto Douro que se situaba ao sur do río Douro. Foi sinalada como unha das 13 "rexións naturais" de Portugal polo estudo xeográfico previo á reforma de 1936, aínda que nunca tivo existencia legal, sendo englobada directamente na provincia de Tras os Montes e Alto Douro.
Estaría constituída por cinco concellos: un do distrito da Guarda (o municipio de Vila Nova de Foz Côa) e catro do distrito de Viseu (concelhos de Armamar, Lamego, São João da Pesqueira e Tabuaço), tendo por cidade mais importante a Lamego.
Se a provincia chegase a existir legalmente, probabelmente Lamego sería escollida como capital, por ser a única localidade coa categoría honorífica de cidade, sendo tamén a sé de diocese. Actualmente Lamego permanece como o principal centro urbano desa zona. Na actualidade,esta zona foi englobada na subrexión estatística do Douro. Nos últimos tempos foron elevados á categoría de cidade: Vila Nova de Foz Côa (no distrito da Guarda) e Tarouca (no distrito de Viseu).A cidade de Lamego sempre foi considerada cidade e mantense como diocese, pero sen ser sede de distrito.
A pesar de que esta rexión compartía moitas afinidades co norte do país, especialmente coa provincia de Tras os Montes e Alto Douro, onde foi incluída pola reforma de 1936, certos xeógrafos consideraban que o feito de estar situada ao sur do Douro conferíalle certa autonomía, preferindo aproximala ás Beiras e incluíla nunha súper-rexión: a Beira Interior (que incluiría tamén a Beira Alta e a Beira Baixa).
Ao redor desta rexión, e tendo como principal polo a cidade de Lamego, tentouse hai anos crear un novo distrito (o distrito de Lamego), como forma de descentralización administrativa. O tal distrito xa existira brevemente, cando no 1835 a instauración dos distritos sinalara a Lamego como capital de distrito, porén nese mesmo ano perdeu a categoría en beneficio de Viseu, cidade cunha posición máis central na antiga provincia da Beira Alta, da que fora capital.