Beira Interior
Beira Interior foi unha provincia portuguesa proposta por algúns xeógrafos no marco do estudo xeográfico que precedeu á reforma de 1936. Nunca chegou a ter existencia legal.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Designaba unha grande rexión do centro de Portugal composta pola unión das rexións naturais da Beira Alta e da Beira Baixa, ás que segundo outras opinións habería que engadir tamén á da Beira Transmontana, englobada finalmente na rexión de Tras os Montes e Alto Douro.
Estaría constituída polos 32 concellos da Beira Alta e polos 13 concellos da Beira Baixa, sumando un total de 45 municipios. Incluiría así a totalidade do distrito de Castelo Branco, a case a totalidade dos distritos da Guarda e Viseu, tres concellos do distrito de Coímbra e un do de Santarém.
- Distrito de Castelo Branco: Belmonte, Castelo Branco, Covilhã, Fundão, Idanha-a-Nova, Oleiros, Penamacor, Proença-a-Nova, Sertã, Vila de Rei, Vila Velha de Ródão.
- Distrito de Coímbra: Oliveira do Hospital, Pampilhosa da Serra, Tábua.
- Distrito da Guarda: Aguiar da Beira, Almeida, Celorico da Beira, Figueira de Castelo Rodrigo, Fornos de Algodres, Gouveia, Guarda, Manteigas, Mêda, Pinhel, Sabugal, Seia, Trancoso.
- Distrito de Santarém: Mação.
- Distrito de Viseu: Carregal do Sal, Castro Daire, Mangualde, Moimenta da Beira, Mortágua, Nelas, Oliveira de Frades, Penalva do Castelo, Penedono, Santa Comba Dão, São Pedro do Sul, Sátão, Sernancelhe, Tarouca, Vila Nova de Paiva, Viseu, Vouzela.
No caso de incluírse tamén a Beira Transmontana, acollería entón todo o distrito da Guarda (ao sumar o concello de Vila Nova de Foz Côa), e a case totalidade do de Viseu (ao sumar os concellos de Armamar, Lamego, São João da Pesqueira e Tabuaço), elevando o número de concellos da rexión a 49.