Distrito de Viseu
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Capital | Viseu | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 96.991 (2018) | ||||
Xeografía | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | PT-18 | ||||
O Distrito de Viseu é un distrito portugués pertencente, na súa maior parte, á provincia tradicional da Beira Alta, mais incluíndo tamén concellos pertencentes ao Douro Litoral e a Tras-os-Montes e Alto Douro. Limita a norte co Distrito do Porto, o Distrito de Vila Real e o Distrito de Braganza, ao leste co Distrito da Guarda, ao sur co Distrito de Coímbra e ao oeste co Distrito de Aveiro. A sede do distrito é a cidade co mesmo nome.
Orixinalmente, a reforma administrativa de Mouzinho da Silveira puxo a sede do distrito en Lamego (sendo, por iso, denominado Distrito de Lamego), mais a sede foi transferida a Viseu no ano de 1835, co consecuente renomeamento do distrito.
Características
[editar | editar a fonte]É o único distrito portugués que non linda nin co mar nin con España. Ten unha área de 5.007 km², sendo o noveno maior distrito português. En 2009 tiña unha poboación residente residente de 391 215 habitantes.[1]
Viseu é o único caso dun distrito portugués cun enclave,[2] debido ao encravamento da freguesía de Guilheiro (concello de Trancoso, distrito da Guarda) entre os concelos de Sernancelhe e Penedono, en Viseu.
Na actual división do estado luso, o distrito repártese pola Rexión Centro e a Rexión Norte. Os concellos da Rexión Centro, xunto cun concellos do Distrito da Guarda, constitúen a subrexión de Dão-Lafões. Os concellos da Rexión Norte divídense polas subrexións de Támega e de Douro.
Municipios
[editar | editar a fonte]Os 24 municipios, repartidos segundo as diferentes rexións e subrexións, son:
Poboación
[editar | editar a fonte]Número de habitantes [3] | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1864 | 1878 | 1890 | 1900 | 1911 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 |
365 781 | 388 766 | 398 966 | 410 231 | 422 243 | 410 884 | 441 579 | 469 024 | 494 628 | 482 416 | 413 366 | 423 648 | 401 871 | 394 925 | 377 653 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Portal do Instituto Nacional de Estatística; População residente (N.º) por Local de residência, Sexo e Grupo etário (Por ciclos de vida); Anual; 2009
- ↑ Instituto Xeográfico do Exército (cartografía): Límites do distrito de Viseu Arquivado 11 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Distrito de Viseu |
A Galipedia ten un portal sobre: Portugal |