Saltar ao contido

Subrexión de Douro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSubrexión de Douro
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°17′59″N 7°44′56″O / 41.2997, -7.7489
CapitalVila Real Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Código NUTSPT11D Editar o valor en Wikidata

Douro é unha subrexión (ou comunidade intermunicipal) da Rexión Norte de Portugal —unha rexión estatística de nivel III (NUTS III)— coordinada pola Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional da Rexión Norte de Portugal.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Está constituída polos concellos pertencentes aos distritos de Braganza, Vila Real, Viseu e Guarda.

Limita ao norte coa subrexión de Alto Tras os Montes, ao leste con España, ao sur coas subrexións de Beira Interior Norte e Dão-Lafões, e ao oeste coa subrexión de Támega.

Ocupa unha extensión de 4 112 km² e en 2011 tiña unha poboación de 205 902 habitantes.[1]

Concellos

[editar | editar a fonte]

Comprende 19 concellos:

Vila Flor pasou a formar parte da subrexión de Alto Tras os Montes.