Beji Caid el Sebsi
Beji Caid el Sebsi, nado en Sidi Bou Said, Tunisia, o 29 de novembro de 1926 e finado en Tunes o 25 de xullo de 2019, foi un político e avogado tunisiano, que foi presidente de Tunisia de 2014 ata a súa morte en 2019.[1]
Ocupou o posto de primeiro ministro desde o 27 de febreiro de 2011, trala dimisión de Mohamed Ghannouchi como consecuencia dunha forte presión popular, no contexto da revolución que expulsou do poder ao presidente Zine el-Abidine Ben Ali. Foi sucedido o 24 de decembro de 2011 por Hamadi Jebali, logo de celebrarse eleccións.
Máis tarde fundou o partido Nidaa Tounes, co que se presentou ás eleccións presidenciais de 2014, resultando vencedor en segunda volta.
Foi decano do Colexio de Avogados da Tunisia[2] e ministro das relacións exteriores durante o goberno de Habib Bourguiba.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Muere el presidente de Túnez en medio de una gran polémica de Estado". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de xullo de 2019. Consultado o 25 de xullo de 2019.
- ↑ el Periódico (27 de febrero de 2011). "Dimite el primer ministro de Túnez tras varios días de protestas". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2011. Consultado o 09 de outubro de 2012.
primeiro ministro de Tunisia | ||
---|---|---|
Segue a: Mohamed Ghannouchi |
Beji Caid el Sebsi (febreiro-decembro de 2011)
|
Precede a: Hamadi Jebali |
At-Tajammu‘ Ad-Dustu-ri- Ad-Di-muqra-t.i- Rassemblement Constitutionel Démocratique |
Presidente de Tunisia | ||
---|---|---|
Segue a: Moncef Marzouki |
Beji Caid el Sebsi | Precede a: Mohamed Ennaceur |
Nidaa Tounes |