Belén Feliú
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 23 de setembro de 1997 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | profesora de ensino secundario , escritora ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
Familia | |
Irmáns | Paz Moreno Feliu ![]() |
![]() ![]() |
Belén Moreno Feliú, coñecida como Belén Feliú, nada na Coruña en 1961 e finada en Santiago de Compostela o 23 de setembro de 1997,[1] foi unha escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Filosofía pola Universidade Autónoma de Madrid e en literatura francesa pola Universidade de Tolosa, exerceu como profesora de Filosofía no IES Otero Pedrayo de Ourense e no IES Fontexería de Muros. Autora de diversos ensaios críticos, colaborou cos seus relatos en revistas literarias, tales como Festa da Palabra Silenciada, Dorna ou La Ortiga.
É autora dunha soa obra publicada, Da Guenizah (Espiral Maior, 1998), un libro de relatos editado en edición póstuma.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
É irmá de Paz Moreno Feliu.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 24-9-1997, p. 50.