Belén Prado
Nome orixinal | María Belén Prado Sanjurjo |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de maio de 1968 (56 anos) Ourense, España |
Deputada na Asemblea de Madrid | |
7 de xuño de 2011 – 31 de marzo de 2015 Lexislatura: IX lexislatura da Asemblea de Madrid Electa en: 2011 Madrilenian regional election (en) | |
Deputada na Asemblea de Madrid | |
4 de outubro de 2007 – ← Antonio González Terol Lexislatura: VIII lexislatura da Asemblea de Madrid | |
Q55738477 | |
2004 – 2005 ← María Xosé Cimadevila – Anxo Quintana → | |
Q55738330 | |
Actividade | |
Ocupación | política |
María Belén Prado Sanjurjo, nada en Ourense o 27 de maio de 1968,[1] é unha avogada e política galega do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense (1991) e en Xurídico Empresarial pola Universidade San Pablo (CEU) (1992). Foi asesora do Servizo xurídico da Comisión Europea, asesora na Sede da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) en Bruxelas (1993-1994). Foi Subdirectora da Delegación da Xunta de Galicia en Bruxelas (Fundación Galicia-Europa) (1997-2001), Directora xeral de Función Pública da Xunta de Galicia (2002-2004) e Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia (2004). Despois foi Viceconselleira da Consellería de Sanidade da Comunidade de Madrid (xaneiro de 2006). É deputada polo Partido Popular na Asemblea de Madrid desde outubro de 2008.
Cesada como viceconselleira de Sanidad do goberno rexional de Madrid coa chegada ao Consellería de Javier Maldonado no 2014. Entre 2015 e 2018 foi viceconselleira de Política Social.[2]
Predecesor: María Xosé Cimadevila |
Conselleira de Asuntos Sociais 2004 - 2005 |
Sucesor: Anxo Quintana |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ilma. Sra. D.ª María Belén Prado Sanjurjo". Asemblea de Madrid. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2018. Consultado o 22 de xullo de 2018.
- ↑ "Ángel Garrido saca de su Gobierno a una histórica de Sanidad". Redacción Médica. 2018-05-23.