Ben Johnson (actor)
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1918 ![]() Foraker, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 8 de abril de 1996 ![]() Mesa, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor de televisión, actor de cinema ![]() |
Período de actividade | 1939 ![]() ![]() |
Xénero artístico | Wéstern ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ben "Son" Johnson, Jr., nado en Foraker (Oklahoma) o 13 de xuño de 1918 e finado en Mesa (Arizona) o 8 de abril de 1996 foi un actor, especialista de cinema e vaqueiro de rodeo estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ben Johnson naceu na Osage Indian Reservation, de orixes irlandesa e cherokee,[1] fillo de Ollie Susan Workmon e de Ben Johnson, Sr.[2] O seu pai era rancheiro e campión de rodeo.
A súa carreira cinematográfica comezou en The Outlaw, de Howard Hughes. O seu traballo como especialista chamou a atención de John Ford, que o contratou como dobre de Henry Fonda en Fort Apache (1948). Durante a rodaxe os cabalos que tiraban dunha carruaxe con tres homes desbocáronse, e Johnson foi quen de parar o carro e salvar os homes. Cando Ford lle prometeu que sería recompensado Johnson contaba con outro traballo de dobre ou quizais un pequeno papel con frase. Ford chamou a Johnson á súa oficina e deulle un sobre cun contrato de sete anos por cinco mil dólares á semana.[3][4] O seu primeiro papel acreditado foi en 3 Godfathers.
Durante a súa carreira traballou con directores como Sam Peckinpah e gañou o Oscar ao mellor actor secundario de 1971 por A derradeira película, de Peter Bogdanovich.
Faleceu vítima dun ataque ao corazón en Mesa (Arizona), o 8 de abril de 1996 mentres visitaba a súa nai, que tiña 96 anos.[5] Ela finou en 2000 cando tiña 101 anos.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título |
---|---|
1939 | The Fighting Gringo |
1943 | The Outlaw |
1943 | Bordertown Gun Fighters |
1944 | The Pinto Bandit |
1944 | Tall in the Saddle |
1944 | Nevada |
1945 | Corpus Christi Bandits |
1945 | The Naughty Nineties |
1946 | Badman's Territory |
1948 | The Gallant Legion |
1948 | 3 Godfathers |
1949 | Mighty Joe Young |
1949 | A lexión invencible |
1950 | Caravana de paz |
1950 | Rio Grande |
1951 | Fort Defiance |
1952 | Wild Stallion |
1953 | Raíces profundas |
1955 | Oklahoma! |
1956 | Rebel in Town |
1957 | War Drums |
1957 | Slim Carter |
1958 | Fort Bowie |
1960 | Ten Who Dared |
1961 | O rostro impenetrable |
1961 | Tomboy and the Champ |
1964 | O gran combate |
1965 | Maior Dundee |
1966 | The Rare Breed |
1968 | O máis valente entre mil |
1968 | Hang 'Em High |
1969 | Grupo salvaxe |
1969 | The Undefeated |
1970 | Chisum |
1971 | A derradeira película |
1971 | Something Big |
1972 | Corky |
1972 | Junior Bonner |
1972 | The Getaway |
1973 | Ladróns de trens |
1973 | The Red Pony |
1973 | Dillinger |
1973 | Kid Blue |
1973 | Runaway! |
1973 | Blood Sport |
1974 | Viaxe a Sugarland |
1974 | Locusts |
1975 | Morde a bala |
1975 | Nevada Express |
1975 | Hustle |
1976 | The Savage Bees |
1976 | The Town That Dreaded Sundown |
1977 | The Greatest |
1977 | Grayeagle |
1978 | The Swarm |
1979 | The Sacketts |
1980 | The Hunter |
1980 | Ruckus |
1980 | Terror Train |
1981 | Soggy Bottom U.S.A. |
1982 | Tex |
1982 | The Shadow Riders |
1983 | Champions |
1984 | Amencer vermello |
1985 | Wild Horses |
1986 | Trespasses |
1986 | Let's Get Harry |
1987 | Cherry 2000 |
1988 | Stranger on my Land |
1988 | Dark Before Dawn |
1989 | The Last Ride |
1989 | Back to Back |
1991 | The Chase |
1991 | My Heroes Have Always Been Cowboys |
1992 | Radio Flyer |
1993 | Bonanza: The Return |
1994 | Outlaws: The Legend of O.B. Taggart |
1994 | Angels in the Outfield |
1995 | Bonanza: Under Attack |
1996 | Ruby Jean and Joe |
1996 | The Evening Star |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Erickson, Hal. "Ben Johnson". Allmovie.
- ↑ Ollie Susan Workmon Rider obituary, Osage County, Oklahoma USGenWeb Project hosted by Rootsweb.com
- ↑ Brown, David G. (Setembro–Outubro 1995). Active Interest Media, ed. "Last of a Breed". American Cowboy 2 (3). p. 43. ISSN 1079-3690.
- ↑ McBride, Joseph (2003). Macmillan, ed. Searching for John Ford: A Life. p. 496. ISBN 978-0-312-31011-0.
- ↑ "Actor ben johnson dies at 77". The Press of Atlantic City. Atlantic City, NJ. 9 de abril de 1996. Consultado o 31 de agosto de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ben Johnson ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Oliver, Myrna (9 de abril de 1996). "Obituaries : Ben Johnson; Oscar-Winning Actor". The Los Angeles Times.