Beneath the Eyrie
Beneath the Eyrie | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Pixies | ||||
Publicado | 13 de setembro de 2019 | |||
Gravación | 2018 - 2019 | |||
Estudio(s) | Dreamland Recording Studios, Hurley, Nova York | |||
Duración | 38:54 | |||
Xénero(s) | indie rock | |||
Selo(s) | BMG, Infectious Music | |||
Produtor | Tom Dalgety | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Beneath the Eyrie é o sétimo álbum de estudio da banda de rock alternativo Pixies, publicado o 13 de setembro de 2019 a través do selo Infectious Music. Producido por Tom Dalgety e precedido polos sinxelos "On Graveyard Hill" e "Catfish Kate", o disco foi gravado nos Dreamland Recording Studios, unha igrexa reconvertida no estado de Nova York. A banda viuse influenciada polo ambiente gótico durante o proceso de escritura e gravación, dicindo o guitarrista e vocalista Black Francis: "Quería mesturarme co mundo espiritual, coa vida e a morte e coa paisaxe mística e máis surrealista".[1]
Gravación e lanzamento
[editar | editar a fonte]O álbum foi producido por Tom Dalgety, que anteriormente traballara coa banda no seu traballo de 2016 Head Carrier. O seu lanzamento foi precedido polo sinxelo principal "On Graveyard Hill" o 3 de xuño de 2019,[2] seguido do segundo sinxelo "Catfish Kate" o 6 de agosto.[3]
O título do álbum (que se podería traducir como "debaixo do niño") inspirouse nun niño de aguia descuberto na parte traseira da igrexa convertida na que a banda estaba gravando: "Había unha antiga vía do tren da década de 1800 cuberta de maleza. Cando camiñas ata a vía do tren podes albiscar un niño de aguia xigante, un niño de aguia calva. É enorme, todo un espectáculo".[1]
A portada do álbum foi deseñada por Vaughan Oliver, quen deseñara todas as portadas dos álbums de Pixies dende Come On Pilgrim en 1987. Beneath the Eyrie foi a última colaboración de Oliver coa banda antes da súa morte en decembro de 2019.[4]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Black Francis, agás onde se indique.
N.º | Título | Escritor(es) | Duración |
---|---|---|---|
1. | "In the Arms of Mrs. Mark of Cain" | 4:13 | |
2. | "On Graveyard Hill" | Francis, Paz Lenchantin | 3:25 |
3. | "Catfish Kate" | 3:08 | |
4. | "This Is My Fate" | 3:20 | |
5. | "Ready for Love" | 2:33 | |
6. | "Silver Bullet" | 3:44 | |
7. | "Long Rider" | Francis, Lenchantin | 3:32 |
8. | "Los Surfers Muertos" | Francis, Lenchantin | 2:54 |
9. | "St. Nazaire" | 2:27 | |
10. | "Bird of Prey" | 2:37 | |
11. | "Daniel Boone" | 4:52 | |
12. | "Death Horizon" | 2:07 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Pixies: 'There's enough bombast on Twitter without Trump adding to it'". The Independent (en inglés). 2019-09-07. Consultado o 2019-12-07.
- ↑ Strauss, Matthew (2019-06-03). "Pixies Detail New Album Beneath the Eyrie, Share New Song: Listen". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-10-26.
- ↑ Moreland, Quinn (2019-08-06). "Listen to Pixies’ New Song “Catfish Kate”". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-10-26.
- ↑ Kreps, Daniel (2019-12-29). "Vaughan Oliver, Pixies' Album Art Designer, Dead at 62". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2024-10-26.