Bengalí vermello
Bengalí vermello | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Amandava amandava' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Estrilda amandava |
O bengalí vermello[2] (Amandava amandava) é un paxaro do tamaño dun pardal da familia dos begalís (Estrildidae). Os bengalís son aves de gaiola populares, grazas á plumaxe rechamante dos machos reprodutores. O seu nome específico amandava ten á súa orixe na cidade india de Ahmedabad, no Guxarat, de onde eran exportados para o comercio de mascotas.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os bengalís miden uns 9 cm. de lonxitude e amosan un marcado dimorfismo sexual na época reprodutora. As femias son castañas agrisadas, amareladas na parte inferior do corpo. A plumaxe nupcial dos machos é predominantemente vermella. No peito, nos flancos, e nas plumas cobertoiras de ás e cola teñen puntos brancos. Os machos, nos primeiros anos, cambian, acabada a época reprodutora, a plumaxe vermella noutra semellante á das femias.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Os bengalís vermellos están espallados dende a India e Indochina , ata Xava e as illas pequenas da Sunda. Hai tamén poboacións en Exipto. Dentro desta área de distribución distínguense tres subespecies:
- Amandava amandava amandava, da India.
- A.a. punicea, ou bengalí da China , da illa chinesa de Hainan, Vietnam, Camboxa, leste de Tailandia, Xava e Balí.
- A.a. flavidiventris, ou bengalí de barriga amarela, que aparece dende Birmania ata o suroeste da China e nas illas de Timor, Flores, Sumba e Lombok.
Dende os anos 1980 bandos de bengalís móvense tamén na rexión italiana da Toscana, onde as poboacións existentes teñen a súa orixe en exemplares domésticos fuxidos. Hai tamén poboacións introducidas en España, Brunei, Fidxi, Malaisia, Portugal, Porto Rico, Singapur e Hawai.
Os bengalís viven en áreas de herbáceas ou xunqueiras e no mato preto dos camiños ou das beiras dos bosques ademais de en xardíns.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Amandava amandava". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Bengalí vermello (Amandava amandava). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bengalí vermello |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Horst Bielfeld; Das Prachtfinkenbuch - Sämtliche Arten, ihre Haltung, Pflege und Zucht, Eugen Ulmer Verlag Stuttgart 1996, ISBN 3-8001-7327-1
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- BirdLife Species Factsheet Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- O bengalí vermello na lista vermella da