Benito Diéguez Amoeiro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Galicia, España |
Morte | 9 de marzo de 1874 Verín, España |
Alcalde de Verín | |
1854 – | |
Senador de España | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Luis Diéguez Amoeiro, Mariano Diéguez Amoeiro, Castor Diéguez Amoeiro, Plácido Diéguez Amoeiro |
Benito Diéguez Amoeiro, finado en Verín o 9 de marzo de 1874, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi alcalde de Verín (1854), deputado provincial (1856). En 1865 repudiou a candidatura do brigadier Luis Lacy por Verín, e reconstituíu o Partido Progresista xunto co seu fillo Luis Diéguez Amoeiro, polo que foron perseguidos. Fuxiron a Portugal e por presións do goberno español foron encarcerados en Peniche. Logo do indulto de 1867 regresaron a España e en 1868 volveu estar preso e foi sometido a Consello de Guerra, pero foi absolto. Foi senador pola provincia de Ourense en 1871, 1872 (1ª) e 1872-1873.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Castor, Luis, Mariano e Plácido Diéguez Amoeiro.