Luis Diéguez Amoeiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1838 Verín, España |
Morte | 8 de xaneiro de 1913 (74 anos) Ourense, España |
Gobernador civil da provincia de Ourense | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Familia | |
Pai | Benito Diéguez Amoeiro |
Irmáns | Plácido Diéguez Amoeiro Castor Diéguez Amoeiro Mariano Diéguez Amoeiro |
Luis Diéguez Amoeiro, nado en Verín o 7 de xullo de 1838 e finado en Ourense o 8 de xaneiro de 1913[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Benito Diéguez Amoeiro. Licenciouse en Xurisprudencia pola Universidade de Madrid (1863). Formou parte do Partido Progresista e co seu pai reconstituíu o partido en Verín (1865), polo que foron perseguidos. Fuxiron a Portugal e por presións do goberno español foron encarcerados en Peniche. Logo do indulto de 1867, volveu ao seu labor político e en 1868 volveu estar preso e sometido a consello de guerra, pero foi absolto. No Sexenio Revolucionario foi elixido deputado por Xinzo de Limia (1869) e gobernador civil de Ourense e Zamora. Seguiu a Manuel Ruiz Zorrilla no Partido Republicano Progresista. Era o xefe do Partido Republicano de Ourense a principios do século XX.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Regional, 10-1-1913, p. 2.