Benito Plá Cancela
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1812 ![]() Ferrol, España ![]() |
Morte | 3 de xullo de 1874 ![]() A Coruña, España ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado, escritor, político ![]() |
Descrito pola fonte | Diccionario bio-bibliográfico de escritores ![]() |
![]() ![]() ![]() |

Benito María Plá Cancela, nado en Ferrol o 31 de decembro de 1812 e finado na Coruña o 3 de xullo de 1874, foi un avogado, escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e deseguida dedicouse á política, nas filas progresistas,[1] obtendo acta de deputado pola provincia de Lugo o 18 de novembro de 1843, aos trinta anos, posto no que permaneceu ata o 10 de xullo de 1844. Poucos meses antes, en setembro de 1843, tiña sido nomeado xuíz de primeira instancia de Viveiro polo Goberno Provisional,[2] cargo que en 1845 tamén ostentou en Vilafranca do Bierzo.[3] Abandonou a xudicatura e a vida política durante un tempo, exercendo como avogado na Coruña, ata que en outubro de 1858 foi proposto polo distrito de Viveiro para deputado a Cortes, substituíndo á de Ambrosio González que tiña sido proposto un par de días antes,[1] pero Plá foi substituído á súa vez poucos días despois pola candidatura de Felipe Benicio Díaz.[4] En 1863 volveu ser elixido deputado polo distrito da Coruña, e novamente en 1864 e 1867. Chegou a ser vicepresidente do Congreso[5][6] e director xeral da Débeda, militando no Partido Moderado.[7] Como deputado conseguiu a construción da liña de ferrocarril entre Ponferrada e A Coruña, á que se opuñan dende Zamora, pois pretendían que a liña fose por Zamora a Vigo. Fundou a Revista Jurídica de Galicia, da que dependía El Eco, e o Boletín Judicial de Galicia. Publicou algunhas obras sobre temas xurídicos.
Morreu no estrado defendendo ante a Sala do Criminal.[8]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Fillo de Benito Plá e de Teresa Cancela, casou co Josefa Huidobro del Riego, e foi pai de Balbina, Alejandro, Benito e Evaristo Pla Huidobro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Ovilo Otero, Manuel (1858). Escenas Contemporáneas. Revista política, parlamentaria, biográfica, necrológica, científica, literaria y artística (en castelán). Madrid. p. 307.
Vivero. D. Benito Plá. Antiguo progresista y retirado de la política, el Sr. Plá se dedicaba á la abogacía, ejerciéndola con crédito en su país, cuando se le ha llamado á la arena electoral. Su candidatura tiene grandes probabilidades, habiéndose sustituido con ella la del Sr. D. Ambrosio González, presentada en un principio y retirada poco después por la mala acogida que parece tuvo entre los electores.
- ↑ "Ministerio de Gracia y Justicia". El Corresponsal (en castelán) (Madrid). 1-9-1943. p. 1.
- ↑ "Audiencia de Valladolid. Provincia de León". Guía de forasteros en Madrid (en castelán). 1846. p. 203.
- ↑ "La España". La España (en castelán) (Madrid). 24-10-1858. p. 3.
- ↑ Obtivo unha das catro vicepresidencias do Congreso dos Deputados para o período do 28 de decembro de 1867 ao 3 de decembro de 1868, durante a presidencia de Luis José Sarturius Tapia, conde San Luis ("Cortes". La España (en castelán) (Madrid). 31-12-1867. p. 2.).
- ↑ Na súa lápida no Cemiterio de Santo Amaro, na Coruña, pódese ler «Aquí se han depositado los restos mortales del Excmo. Sor., Dn. Benito Pla y Cancela, ex vice presidente del Congreso de Diputados, consejero de Estado y decano del Ilustre Colegio de Abogados de la Audiencia de La Coruña. Rogad a Dios por él».
- ↑ "Sección de Noticias". El Imparcial (en castelán) (Madrid). 27-3-1872. p. 3.
- ↑ Couceiro Freijomil 1953, p. 102.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benito Plá Cancela ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Correal y Freire de Andrade, N. (2019) [1942]. Benito M.ª Plá y Cancela. Una gran figura gallega forense, política y parlamentaria (2ª ed.). Real Academia Galega.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1953). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. pp. 102–103.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía 31/12/2012 (en castelán).
- Ficha no Congreso dos Deputados