Saltar ao contido

Berdeak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Berdeak
Tipopartido político
IdeoloxíaMovemento ecoloxista e Ecoloxismo
Data de fundación16 de xuño de 1992
Data de disolución2011
SedeDonostia
Na rede
http://www.berdeak.org/
editar datos en Wikidata ]

Berdeak (Verdes en éuscaro) foi un partido ecoloxista que actuaba na Comunidade Autónoma Vasca e Navarra, aínda que na práctica só tiña infraestrutura en Biscaia e Guipúscoa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fundouse en 1992 como escisión dirixida por Juantxo Domínguez de Euskal Herriko Berdeak, foi ás eleccións autonómicas de 1994 en coalición con Ezker Batua. En 1995 participa no Congreso de refundación dos Verdes do Estado Español integrando a Confederación de los Verdes del Estado Español. En 1999 asínase a federación entre Berdeak e Ezker Batua que rompe no ano 2003, aínda así Ezker Batua rexistrara o nome Ezker Batua Berdeak co que se presentará a diferentes eleccións a pesar de non ter xa ningunha relación con Berdeak. O partido disolveuse en 2011.

Eleccións

[editar | editar a fonte]
  • Xerais 1993: 12.247 votos (1.04%)
  • Autonómicas 1994: integrados en Ezker Batua, Berdeak consegue 1 deputado.
  • Xerais 2000: 10.121 votos (0.91%)
  • Autonómicas 2005: 4.049 votos (0.33%), en coalición co Partido Antitaurino Contra el Maltrato Animal