Bernard Sindall
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1924 |
Morte | 1998 (73/74 anos) |
Actividade | |
Ocupación | artista, medallista |
Bernard R. Sindall, nado en 1924 e finado en 1998, foi un escultor figurativo e deseñador de moedas británico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Escultor
[editar | editar a fonte]Bernard Sindall estudou Belas Artes no Brighton College of Art, da Universidade de Brighton. Posteriormente, na súa condición de gañador do Premio de Roma en 1950,[2] pasou dous anos en Italia para coñecer de primeira man a obra dos grandes mestres da escultura.[3]
Durante a súa estadía en Roma expuxo, entre outros lugares, no Palazzo Venezia, e á súa volta ao Reino Unido expuxo tamén na Royal Academy de Londres. Tamén exerceu a docencia no City and Guilds of London Institute.[3]
Estas son algunhas das súas obras escultóricas máis salientables:
- Paddler (anos 70). Estatuíña en bronce. Rye Art Gallery, Sussex.[4]
- Girl in a Hat (1972). Escultura en bronce, na Universidade de Birmingham.[1]
- Phoebe Merricks. Busto en bronce. Rye Art Gallery, Sussex.[5]
- Girl with necklace. Estatuíña en bronce.[6]
- Mother swinging Child (1980). Estatuíña en bronce.[7]
Deseñador de moedas
[editar | editar a fonte]No campo do deseño numismático, o traballo máis sobranceiro de Sindall foi a creación de ambas as faces dunha emisión especial da serie do soberano de ouro en 1989, conmemorativa dos 500 anos do nacemento do soberano inglés.[3][8][9] O anverso desta serie de moedas xa fora utilizado por Sindall nunha proposta para unha moeda dunha coroa en 1997, finalmente non adoptada pola Royal Mint.[10][11]
Mais o seu labor no deseño de moedas comezara xa catro décadas antes, coa creación en 1955 do anverso e o reverso dunha moeda dun penique a nome de Isabel II para o territorio de Rodesia e Nyasaland, que se cuñou ata 1963.[12] Durante os anos seguintes, Sindall creou tamén deseños para outros territorios de soberanía británica e tamén para diferentes países,[3] como Sri Lanka (1957),[13] Tailandia (1974),[14] Guernsey (1977),[15] Jersey (1977)[16] e Mauricio (1977).[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Girl in a Hat". Artuk.org
- ↑ Dormer, P. (1993). "Architecture: A logical solution to the labyrinth" En The Independent. 5 de outubro.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Bernard Sindall". Goldsovereignexpert.com
- ↑ "Paddler". Artuk.org
- ↑ "Phoebe Merricks". Artuk.org
- ↑ "Girl with necklace". Artnet.com
- ↑ "Mother swinging Child". Artnet.com
- ↑ "Sindall: 500th anniversary of the Gold Sovereign". Numista.com
- ↑ "Seated on Throne, by Bernard Sindall". Onlinecoin.club
- ↑ "25 New Pence - Elizabeth II Silver Jubilee; Sindall". Numista.com
- ↑ "Silver Jubilee pattern crown by Sindall". The Royal Mint Museum (Royalmintmuseum.org.uk).
- ↑ 12,0 12,1 "Rhodesia and Nyasaland: 1 Penny - Elizabeth II". Numista.com
- ↑ "Sri Lanka: 1 Rupee" / "5 Rupee". Numista.com
- ↑ "Thailand: 100 Baht - Rama IX". Numista.com
- ↑ "Guernsey: 25 Pence - Elizabeth II". Numista.com
- ↑ "Jersey: 25 Pence - Elizabeth II Silver Jubilee". Numista.com
- ↑ "Maurice: 25 Rupees - Elizabeth II Silver Jubilee". Numista.com
- ↑ "5 Rupees - Elizabeth II Buddha". Numista.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bernard Sindall |