Berta Cáccamo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Berta Álvarez Cáccamo 1 de setembro de 1963 Vigo, España |
Morte | 11 de maio de 2018 (54 anos) Coruxo, España |
Educación | Real Academia de España en Roma |
Actividade | |
Ocupación | pintora |
Familia | |
Pai | Xosé María Álvarez Blázquez |
Irmáns | Xosé María Álvarez Cáccamo Alfonso Álvarez Cáccamo Celso Álvarez Cáccamo |
Premios | |
Berta Álvarez Cáccamo, coñecida artisticamente como Berta Cáccamo, nada en Vigo o 1 de setembro de 1963[1] e finada en Coruxo (Vigo) o 11 de maio de 2018,[2] foi unha pintora abstracta galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada na familia Álvarez Blázquez, moi relevante no panorama cultural galego da última metade do século XX, en 1986 licenciouse en Belas Artes na Reial Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi de Barcelona. En 1987 recibiu a bolsa Manuel Colmeiro da Xunta de Galicia, e en 1990 a bolsa de Creación Artística Banesto en Madrid.
Comezou a expor en 1986, vinculada á corrente renovadora do grupo Atlántica. En 1989 obtivo o premio Cidade de Palma, na Bienal de Pontevedra e no I Certame Unión Fenosa da Coruña. Nese mesmo ano foi vivir a París, tendo unha estancia na Cité Internacional des Arts entre 1990 e 1991. En 1991 foi premiada no II Certame Unión Fenosa.
A súa pintura é abstractiva e conceptual, dentro da non figuración, con amplas manchas de tons axordados e dominio de cores ocres e negras. Hai unha estrutura xeométrica nas súas composicións, deliberadamente elementalizadas, con vagas referencias formais.[3]Adoita usar lenzos de gran tamaño.
Foi profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, centro educativo da Universidade de Vigo, situado no campus de Pontevedra.
A súa obra está presente no Centro Galego de Arte Contemporánea, no Museo Provincial de Pontevedra e en coleccións particulares como a Colección Afundación, o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa ou a da Fundación María José Jove.
En 2017 recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas.[4]
En 2019 o CGAC rendeulle homenaxe.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi filla do escritor Xosé María Álvarez Blázquez e de María Luisa Cáccamo Frieben, e irmá de María Luisa, Xosé María, Alfonso, Elena e Celso Álvarez Cáccamo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Álvarez Cáccamo, Berta". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ "El arte gallego llora la inesperada muerte de la pintora Berta Cáccamo a los 54 años". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Fernández Fariña, Almudena (xullo, agosto, setembro 2019). "Unha ollada feminista arredor de Berta Cáccamo". Grial LVII (223): 143–147. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Premios da Cultura Galega 2017". Consultado o 14 de decembro de 2017.
- ↑ "O CGAC homenaxea a pintora Berta Cáccamo". Sermos Galiza. 9 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2019. Consultado o 10 de maio de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Álvarez Cáccamo, Berta". Diccionario enciclopédico galego universal 3. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 74. ISBN 84-7680-429-6.
- "Álvarez Cáccamo, Berta". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 35.
- "Álvarez Cáccamo, Berta". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 111. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Álvarez Cáccamo, Berta". Enciclopedia Galega Universal 1. Ir Indo. 1999-2002. p. 397. ISBN 84-7680-288-9.
- "Álvarez Cáccamo, Berta". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. pp. 26–27. ISBN 84-8064-113-4.
- Pablos, Francisco (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (en bilingüe). Nigra Trea. p. 312-313. ISBN 84-95364-15-8.
- I Mostra Unión Fenosa. Catálogo ficheiro. A Coruña, 1989.
- II Mostra Unión Fenosa. A Coruña, 1991.
- VV. AA.: Baiona horizonte Atlántico. Vigo, 1992.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Berta Cáccamo na Fundación María José Jove (en castelán).
- Compilación de bibliografía en pintoresgallegos.com