Beseño, Touro
Beseño | |
---|---|
Igrexa de Beseño | |
Concello | Touro[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°52′29″N 8°14′14″O / 42.87461667, -8.23720278 |
Área | 6,12 km² |
Poboación | 187 hab. (2019) |
Densidade | 30,56 hab./km² |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Cristovo de Beseño[1] é unha parroquia do concello de Touro, na comarca de Arzúa, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2012 tiña 208 habitantes (109 homes e 99 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 259 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Sitúase ao leste do concello, e ten unha superficie de 6,12 km². Linda ao norte e leste con Arzúa, ao sur con Turces e ao oeste con Andeade e Quión. Amais dos 10 lugares recollidos no Nomenclátor, hai outros como A Gordela, Maroxa, A Pena, Tarrío ou A Pica.
Beseño atópase cheo de regatos. O máis importante é o río Beseño, que logo perde o seu nome para collelo de Merés (Turces e finaliza sendo un afluente do río Lañas (Quión). Mais tódalas augas rematan no río Ulla.
É unha parroquia chan onde abundan as agras para uso agrícola, existindo pouso masa forestal, concentrada no monte de Vilanova, lindando con Andeade, o monte da Estrapuza, entre Barrido e Forte.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante o antigo réxime a parroquia de Beseño pertenceu á xurisdición de Budiño, na desaparecida provincia de Santiago, e ao concello do Pino, até a creación en 1835 do concello de Touro trala división territorial de España en 1833.
Turismo rural
[editar | editar a fonte]Conta cunha única casa de turismo rural, un edificio do século XVI, hoxe arranxado, que se chama A Pena de Augasantas.
Cultura
[editar | editar a fonte]Entre o froito musical, conta cunha banda de gaitas chamada A Esmorga. Tamén existe unha asociación de veciños no termo parroquial.
Para a práctica deportiva áchase unha pista polideportiva rubia de 40 m x 20 m de formigón puído nun dos campos de festa.
O mellor campo de lecer é o de Baiobre, entre un souto ao lado dunha capela e unha fonte, lugar belo onde comezan as celebracións estivais particulares da parroquia, a primeiros de xullo coa Santa Sabela. Outros festexos son a Festa da Xuventude, no último domingo de abril; o San Cristovo, os últimos non festivos de xullo; e a Augasantas en Oca de Abaixo en agosto.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Beseño
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Beseño no concello de Touro (A Coruña) | |
---|---|
Baiobre | Barrido | Beseño de Abaixo | Beseño de Arriba | O Forte | A Gordela | A Igrexa | A Maroxa | Murgás | Oca de Abaixo | Oca de Arriba | A Pica | Tarrío | Vilanova |