Touro, Touro
Touro | |
---|---|
Lugar de Fonte Díaz, capital do concello de Touro. | |
Concello | Touro[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°52′06″N 8°18′01″O / 42.86827056, -8.300399346 |
Poboación | 636 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán de Touro é unha parroquia pertencente ó concello de Touro. Situada aproximadamente no centro do concello, alberga a capital, Fonte Díaz. Segundo o IGE en 2012 tiña 631 habitantes (315 homes e 316 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 655 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ó norte coa parroquia de San Xiao de Cebreiro do concello do Pino, ó oeste con Santa María de Loxo, ó suroeste con San Pedro de Ribeira, ó sur con Santa Uxía de Fao, ó sueste con Santiago de Andeade e ó leste con San Fiz de Quión.
A parroquia é atravesada pola estrada comarcal AC-240, que cruza o concello de Touro de suroeste a nordeste.
Nesta parroquia están situados edificios coma a casa do concello, o CPI Fonte Díaz, a piscina municipal, o cuartel da Garda Civil, a área recreativa da Santaia, unha residencia da terceira idade, e outros edificios de interese. Ademais no norte da parroquia aséntase parte dunha escombreira dunha antiga mina de cobre.
A igrexa parroquial está situada na aldea do Barral, aínda que hai outra construída na vila de Fonte Díaz máis recentemente e que se usa con moita máis frecuencia.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Touro
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Touro no concello de Touro (A Coruña) | |
---|---|
O Barral | A Cruz de Méndez | Fonte Díaz | Mourelos de Abaixo | Mourelos de Arriba | Mourelos Ermo | A Santaia | Ventín |