Biblioteca Nacional de Escocia
Biblioteca Nacional de Escocia | |
---|---|
Acrónimo | NLS |
Tipo | biblioteca nacional, arquivo nacional e biblioteca |
Campo de traballo | biblioteca |
Data de fundación | 1925 |
Director/a | John Scally e Amina Shah |
Organización subsidiaria | UK Web Archive |
Localización | |
Sede | National Library of Scotland building |
Enderezo | National Library of Scotland George IV Bridge, Edinburgh EH1 1EW e George IV Bridge |
En | Edinburgh |
País | Reino Unido |
55°56′55″N 3°11′30″O / 55.948696, -3.19173 | |
Na rede | |
https://www.nls.uk/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Biblioteca Nacional de Escocia, en inglés National Library of Scotland e en gaélico escocés Leabharlann Nàiseanta na h-Alba, é unha institución escocesa con sede en Edimburgo que ten como principal misión reunir e preservar a bibliografía de Escocia. É unha das cinco coleccións nacionais de Escocia.[1] É unha das maiores bibliotecas de investigación de Europa.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundada en 1925. Incorporou os fondos da Advocates Library, a biblioteca da Facultade de Dereito da Universidade de Edimburgo, creada en 1689. Xa en 1710, obtivo o dereito de solicitar unha copia de calquera libro publicado no Reino Unido.[3] A partir de 2020, tiña uns vinte e catro millóns de publicacións. Desde 2007, tamén garda o Arquivo de Imaxe en Movemento, unha colección de 46.000 películas e vídeos.[4] Continúa ampliando a colección de libros e documentos dixitalizados, dispoñibles en liña.[5]
En 2013 foi a primeira institución escocesa en contratar un wikipedista residente.[6] En 2016 contratou un falante nativo de gaélico escocés para axudar a grupos de todo o país a desenvolver Uicipeid.[7] Esta iniciativa ten como obxectivo animar a que máis persoas practiquen as súas habilidades lingüísticas e compartan os seus coñecementos sobre a cultura, o patrimonio e a comunidade gaélica.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Annual culture funding". www.gov.scot (en inglés). Consultado o 2025-01-13.
- ↑ "About us". National Library of Scotland (en inglés). Consultado o 2025-01-13.
- ↑ "History". National Library of Scotland (en inglés). Consultado o 2025-01-13.
- ↑ "Moving Image Archive". National Library of Scotland (en inglés). Consultado o 2025-01-13.
- ↑ "Categories - Digital features - National Library of Scotland". digital.nls.uk. Consultado o 2025-01-14.
- ↑ "National Library of Scotland to hire ‘Wikipedian’". The Scotsman (en inglés). 2013-04-25. Consultado o 2025-01-14.
- ↑ 7,0 7,1 "History Scotland magazine; Scottish history magazine". www.mymagazinesub.co.uk. Consultado o 2025-01-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biblioteca Nacional de Escocia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Home | National Library of Scotland (sitio oficial)