Biblioteca da Universidade da Coruña
Servizo de Biblioteca Universitaria. Edificio Xoana Capdevielle | |
País | España |
---|---|
Tipo | pública / universitaria |
Forma parte de | Universidade da Coruña |
Sitio web | http://www.udc.es/biblioteca/ |
A Biblioteca da Universidade da Coruña é un servizo pertencente á Universidade da Coruña (UDC). Trátase dunha unidade funcional de xestión de recursos de información que dá soporte ao estudo, á docencia e á investigación[1], mediante a adquisición, a organización e o procesamento dos fondos bibliográficos e documentais[2]
Estrutura
[editar | editar a fonte]Estrutúrase como un sistema bibliotecario único [3], descentralizado en bibliotecas de centros e coordinado a través do Servizo de Biblioteca. Está formado por 17 puntos de servizo entre os campus de Serantes e o da Coruña[4]:
Campus de Ferrol
[editar | editar a fonte]- Biblioteca da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol Ángela Ruiz Robles
- Biblioteca do Campus de Esteiro - Casa do Patín (Cc. do Traballo, Deseño Industrial, Enfermaría e Podoloxía, Humanidades e Documentación)
Campus da Coruña
[editar | editar a fonte]- Biblioteca Central (Servizo de Biblioteca)
- Biblioteca da Escola Técnica Superior de Arquitectura
- Biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos
- Biblioteca da Escola Técnica Superior de Naútica e Máquinas
- Biblioteca da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
- Biblioteca da Facultade de Ciencias
- Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación
- Biblioteca da Facultade de Ciencias da Saúde (Cc. da Saúde e Fisioterapia)
- Biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física
- Biblioteca da Facultade de Dereito
- Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa
- Biblioteca da Facultade de Filoloxía
- Biblioteca da Facultade de Informática
- Biblioteca da Facultade de Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Colección
[editar | editar a fonte]A colección da biblioteca está formada por máis de 850.000 libros, 89.000 libros electrónicos e 49.600 documentos noutros formatos, como mapas, microformas, DVD etc. Conta tamén con máis de 9.200 revistas en papel e 24.500 en formato dixital, ademais de dar acceso a aproximadamente 60 bases de datos que abarcan tódalas disciplinas científicas.
Entre os seus fondos destaca a Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, dedicada ao escritor e reputado investigador teatral galego Francisco Pillado Mayor. Trátase dun fondo bibliográfico especializado en teatro, constituído tanto polos libros e revistas doadas por Francisco Pillado como por outros comprados pola UDC, e que se atopa na Biblioteca da Facultade de Filoloxía. Todo o fondo da Biblioteca-Arquivo pódese consultar vía web no catálogo da biblioteca; ademais, no Repositorio da Universidade (RUC), dentro do seu apartado "Coleccións especiais"[5] está accesible a imaxe dixitalizada da totalidade da colección de carteis e fotografías.
Servizos
[editar | editar a fonte]Os principais servizos que ofrece a biblioteca son: Información xeral, préstamos de libros e documentos así como lectores de libros electrónicos e de ordenadores portátiles, cursos de iniciación e formación para o alumnado e servizos varios en liña.
A biblioteca ten presenza nas redes sociais (Facebook, Twitter, Pinterest, Scoop, Google+, Youtube, Flickr ou Instagram).
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Romero, Juan José Fuentes (2003). "El sistema bibliotecario de la universidad de La Coruña". Revista general de información y documentación 13 (1): 213–246. ISSN 1132-1873.
- ↑ Regulamento de organización e funcionamento do servizo na páxina web da biblioteca da UDC.
- ↑ Incio, Pedro (2018). "A biblioteca da Universidade da Coruña entre 1998 e 2018". Murguía: revista galega de historia (38): 163–170. ISSN 1696-9197.
- ↑ Información xeral na páxina web da biblioteca.
- ↑ Incio, Pedro (2016-07). "Os fondos teatrais da Biblioteca da Universidade da Coruña". Murguía: revista galega de historia. Consultado o 2022-11-16.