Bilurico das rochas
Bilurico das rochas | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bilurico bailón en Tailandia.
| |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Actitis hypoleucos (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
Tringa hypoleucos Linnaeus, 1758 |
O bilurico das rochas[2] ou bilurico bailón[3] (Actitis hypoleucos) é unha ave limícola de tamaño pequeno. É unha das aves incluídas no Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias de África e Eurasia (AEWA).
Descrición
[editar | editar a fonte]Os exemplares adultos miden ata 22 cm. de lonxitude e teñen unha envergadura de ás de entre 32 e 35 cm. Pesan de 40 a 80 gramos. Teñen a parte superior do corpo acastañada, e a inferior abrancazada. Os ollos son negros e as patas, relativamente curtas, oliváceas. O bico é de tamaño mediano, coa base pálida e a punta negra, e unha lista ocular escura. Machos e femias son semellantes. Os individuos novos son barrados na parte inferior do corpo e as beiras das plumas das ás son da cor do ante.
Coa especie irmá americana, o bilurico maculado (A. macularia) forma o xénero Actitis. As dúas especies ocupan zonas xeográficas complementarias. Nos casos en que algún individuo extraviado dunha das dúas especies aparece no territorio da outra poden producirse hibridacións, feito que tamén foi testemuñado entre o bilurico bailón e o bilurico alinegro (Tringa ochropus).
Voan a pouca distancia da auga cun voo rápido e uniforme. Poden nadar e mergullarse durante uns 20 segundos ata un metro de profundidade. Non son aves gregarias polo que é raro velas formar grandes bandos.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Crían en Asia e en case toda Europa (agás en Islandia). En Europa están presentes entre abril e outubro e crían preto de ríos e regos pero tamén ás veces en zonas de augas estancadas.
Os seus cuarteis de inverno comprenden dende a cunca do Mediterráneo ata Suráfrica, o sur de Asia e Australasia.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Aliméntanse de insectos e arañas e inclúen tamén na súa dieta crustáceos e moluscos pequenos, que apañan das augas superficiais co bico. Poden cazar insectos en voo.
Reprodución
[editar | editar a fonte]A súa época reprodutora vai de maio a agosto. O niño é unha cinca no chan cuberta con anacos de plantas. Constrúeno en illas ou preto da beira da auga, agochado na vexetación mesta. Poñen de media catro ovos, duns 35 mm. de lonxitude, que chocan por quendas os dous membros da parella unhas tres semanas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Bilurico bailón.
-
Adulto fora da época de cría ou inmaturo.
-
Bilurico bailón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Actitis hypoleucos". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bilurico das rochas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hadden, Don W. (2004): Birds of the northern atolls of the North Solomons Province of Papua New Guinea Arquivado 14 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine.. Notornis 51(2): 91–102.
- Hayman, Peter; Marchant, John & Prater, Tony (1986): Shorebirds: an identification guide to the waders of the world. Houghton Mifflin, Boston. ISBN 0-395-60237-8
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O bilurico bailón na lista vermella de especies ameazadas da IUCN Arquivado 22 de setembro de 2007 en Wayback Machine.