Bimba Bosé
![]() (2010) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Eleonora Salvatore González ![]() 1 de outubro de 1975 ![]() Roma, Italia ![]() |
Morte | 23 de xaneiro de 2017 ![]() Madrid, España ![]() |
Causa da morte | Cancro de mama ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | modelo , modelo , cantante , actriz de cinema ![]() |
Período de actividade | 1994 ![]() ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Dora Postigo Salvatore Breedveld Dominguín Silva Bosé (en) ![]() ![]() |
Parentes | Miguel Bosé (tío) Luis Miguel Dominguín (pt) ![]() Lucia Bosè (avoa) Nicolás Coronado (pt) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Eleonora Salvatore González-Lucas, nada en Roma (Italia) o 1 de outubro de 1975 e finada en Madrid o 23 de xaneiro de 2017,[1] foi unha modelo, deseñora e cantante española[2][3] máis coñecida como Bimba Bosé. O seu nome artístico significa nena en italiano.
Biografía[editar | editar a fonte]
Filla de Lucía González Bosé e o seu primeiro marido, Alessandro Salvatore, neta materna do toureiro Luis Miguel González Lucas "Dominguín" e da actriz Lucia Bosè.
Tiña seis irmáns: polo lado paterno, a Olfo Bosé, Alessandro, Francesca e Alfonso Salvatore; polo lado materno, a Jara e Lucía Tristancho. Era sobriña do cantante Miguel Bosé.
Estivo casada, dende o 3 de xuño de 2006 até comezos do ano 2013, co realizador e músico Diego Postigo con quen tivo dúas fillas: Dora e June Postigo Salvatore.
No 2014, Bimba Bosé foi operada dun cancro no peito esquerdo.[4] En xuño de 2016 confirmou á revista Lecturas que tiña "metástase en ósos, fígado e cerebro" e que seguía en tratamento.[5] Faleceu o 23 de xaneiro de 2017 no Hospital Universitario Ramón y Cajal de Madrid.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Muere Bimba Bosé a los 41 años
- ↑ Biografía Bios star
- ↑ El éxito persigue a Bimba Bosé Arquivado 29 de xuño de 2012 en Archive.is El Universal, México
- ↑ "El Correo". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Bimba Bosé: "Sigo en tratamiento porque nunca me he curado del cáncer"". Consultado o 29 de xuño de 2016.
- ↑ "Bimba Bosé muere a los 41 años". EL PAÍS (en castelán). 23 de xaneiro de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2017.