Saltar ao contido

Björn Borg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBjörn Borg

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1956 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Estocolmo, Suecia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaEstocolmo
Mónaco
Monte Carlo Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso72 kg Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista (1973–1983), tenista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1973 Editar o valor en Wikidata - 1993 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado3.655.751 $ Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaSuecia Editar o valor en Wikidata
Deportetenis Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivatenis individual
tenis dobres Editar o valor en Wikidata
Man de xogodestro Editar o valor en Wikidata
Adestrado porLennart Bergelin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Modalidade Partido de tenis Recorde individual (pt)Recorde individual (pt) Número de vitorias Récord persoal
Tenis individual 644–135 Editar o valor en Wikidata  64 Editar o valor en Wikidata 1 (1977)
Tenis dobres 93–89 Editar o valor en Wikidata 4 Editar o valor en Wikidata
Hall of fame Info HOF Editar o valor en Wikidata
ATP Info ATP Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLoredana Bertè (1989–1993)
Mariana Simionescu (1980–1984) Editar o valor en Wikidata
ParellaJannike Björling (1985–1988)
Helena Anliot Editar o valor en Wikidata
FillosRobin Borg
 ()
Leo Borg
 () Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteVem är det 1981 (en) Traducir, (sec:Borg, Björn, p.140)
Vem är det 1985 (en) Traducir, (sec:Borg, Björn, p.160)
Vem är det 1993 (en) Traducir, (sec:Borg, Björn, p.160) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0096410 BNE: XX1180597 Discogs: 1134762 WikiTree: Borg-672 Editar o valor en Wikidata

Björn Rune Borg, ([bjœːɳ bɔrj]), nado en Estocolmo o 6 de xuño de 1956[1] é un ex-tenista sueco que brillou na historia do deporte durante a súa época de xogador, entre 1973 e 1981, logrando 96 torneos (64 da ATP), entre eles 5 Wimbledon, 6 Roland Garros e 2 Masters antes de retirarse aos 26 anos de idade. Está considerado como un dos mellores tenistas masculinos da historia do tenis.[2][3][4][5][6][7][8] En 2014 unha enquisa do xornal Dagens Nyheteher escolleuno como o mellor deportista sueco da historia por diante do futbolista Zlatan Ibrahimovic.[9]

Cos seus once títulos de Grand Slam e 16 finais, ocupa o cuarto e quinto posto nos respectivos historiais da Era Open. Foi campión do Torneo de Roland Garros de 1974, 1975, 1978, 1979, 1980 e 1981, e do Campionato de Wimbledon de 1976, 1977, 1978, 1979 e 1980. Tamén foi finalista de catro edicións do Aberto dos Estados Unidos e unha vez do Aberto de Australia. Obtivo tamén 15 títulos de masters, o que o coloca oitavo no historial. Gañou o Masters Grand Prix de 1979 e 1980 e a final de WCT de 1976, acumulando un total de dez finais de temporada disputadas. En total, durante a súa carreira gañou 64 torneos ATP, (11 Grand Slam, 3 finais de temporada, 15 masters, 17 torneos medianos e 18 menores). Gañou ademais 45 partidos da Copa Davis coa selección sueca, e obtivo o título en 1975.

Borg ocupou o posto número 1 da clasificación ATP en seis períodos diferentes entre 1977 e 1981, totalizando 109 semanas. Situouse primeiro na clasificación final de 1979 e 1980, segundo en 1976, 1978 e 1981, e terceiro en 1974, 1975 e 1977. Foi nomeado "Tenista do Ano" pola ATP en 1976, 1977, 1978, 1979 e 1980, e foi número un anual de "World Tennis" en 1978, 1979 e 1980.

Destaca por conquistar os torneos de Roland Garros e Wimbledon, considerada como "a dupla máis difícil de realizar no tenis",[10] durante tres anos consecutivos, un récord sen superar.[2]

En 1978 e en 1980 gañou o Torneo de Roland Garros sen perder ningún set en todo o torneo.[11]

Clasificación histórica

[editar | editar a fonte]
Torneo 1973 1974 1975 1976 1977 1978 1979 1980 1981 Carreira VR Carreira V – D Carreira V %
Grand Slam
Aberto de Australia A 3r A A A A A A A 0 / 1 1–1 50.00
Torneo de Roland Garros 4r G G QF A G G G G 6 / 8 49–2 96.08
Wimbledon QF 3r QF G G G G G F 5 / 9 51–4 92.73
Aberto dos Estados Unidos 4r 2r SF F 4r F QF F F 0 / 9 40–9 81.63
Ratio de vitorias 0 / 3 1 / 4 1 / 3 1 / 3 1 / 2 2 / 3 2 / 3 2 / 3 1 / 3 11 / 27 N/A 40.74
V - D 10–3 11–3 16–2 17–2 10–1 20–1 18–1 20–1 19–2 N/A 141–16 89.81
Masters Cup
Masters Cup A RR F A F A G G A 2 / 5 15–7 68.18
Clasificación 18 3 3 2 3 2 1 1 2 N/A N/A N/A
  1. Bjorn Borg Encyclopedia Britannica
  2. 2,0 2,1 "Strokes for Agassi: He belongs among the 10 greatest ever". Consultado o 2009. 
  3. "Collins: Top five men's stars of all-time - Tennis- nbcsports.msnbc.com". Consultado o 2009. 
  4. "Navratilova joins Laver and Borg on the shortlist (as voted for by . . . Navratilova) - Times Online". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 2009. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2006. Consultado o 22 de agosto de 2018. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2006. Consultado o 22 de agosto de 2018. 
  7. "Tim Pears on Björn Borg | Sport - Observer Sport Monthly". Consultado o 2009. 
  8. "TENNIS.com - Features - 40 Greatest Players - 40 Greatest Players of the Tennis Era (5-8)". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2009. Consultado o 2009. 
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2018. Consultado o 02 de maio de 2018. 
  10. "Wimbledon Website - The Championships and The All England Lawn Tennis Club". Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2011. Consultado o 2009. 
  11. Roger Federer conseguiuno no Aberto de Australia de 2007 e en Wimbledon en 2017 e Rafael Nadal superou a marca de Borg ao gañar Roland Garros sen ceder ningún set en 2008, 2010 e 2017.