Torneo de Roland Garros
Nome na lingua orixinal | (fr) Internationaux de France de tennis |
---|---|
Tipo | torneo de tenis con múltiples edicións |
Tipo de superficie | terra batida |
Epónimo | Roland Garros |
Organizador | Federación Francesa de Tenis |
Parte de | Grand Slam |
Localización e Datas | |
Localización | Stade Roland Garros (16º distrito de París) 48°50′47″N 2°14′58″L / 48.84628, 2.24937 |
País | Francia |
Vixencia | 1891 – |
Calendario da tempada | maio – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | rolandgarros.com |
O Tournoi de Roland-Garros (en galego: "Torneo de Roland Garros") é un evento de tenis que se leva a cabo desde finais de maio ata comezos de xuño en París, Francia e é segundo dos torneos mundiais de Grand Slam.
Comezou como un torneo nacional en 1891. En 1925 o "Campionato Francés" abriuse a competidores internacionais, desenvolvéndose nunha superficie de céspede alternativamente entre o Racing Club de France e o Stade Français. Para o desafío de Copa Davis do ano 1928 construíuse un novo estadio de tenis na Porte d’Auteuil, onde se segue celebrando o torneo. Chamado "Stade Roland Garros" na honra de Roland Garros, un heroe da primeira guerra mundial; ten unha cancha de terra batida (terre battue) que altera o rebote da pelota e o achegamento dos xogadores.
En 1968 o campionato francés foi o primeiro torneo de Grand Slam en ser "aberto", permitindo a competición de xogadores afeccionado e profesionais.
Os gañadores en 1980, Björn Borg, e en 2008, Rafael Nadal, venceron sen perder nin un só set en todo o torneo.
Campións
[editar | editar a fonte]Datos
[editar | editar a fonte]Récords masculinos da era "open"
[editar | editar a fonte]- Rafael Nadal (España), gañou 14 títulos en individuais, posuíndo a marca absoluta, tanto en homes coma en mulleres, do maior número de títulos nun torneo de Grand Slam e en calquera torneo da ATP.
- Henri Cochet (Francia), gañou entre todas as competicións 9 títulos (4 individuais, 3 dobres, 2 dobres mixtos).
- Roy Emerson (Australia), conquistou 6 veces o título en dobres.
- Guillermo Vilas (Arxentina) gañou a final de 1977 en 1 hora 51 minutos sendo esta a final máis curta deste Grand Slam
Récords femininos da era "open"
[editar | editar a fonte]- Margaret Smith Court (Australia) gañou entre todas as competicións 13 títulos (5 individuais, 4 dobres, 4 dobres mixtos).
- Chris Evert (Estados Unidos) obtivo 7 veces o título de individuais, seguida por Steffi Graf (Alemaña), 6 veces.
- Helen Wills Moody (Estados Unidos), Hilde Sperling (Alemaña), Monica Seles (Iugoslavia/Estados Unidos) e Justine Henin (Bélxica), gañaron 3 veces consecutivas o título en individuais aínda que Helen Wills Moody e Justine Henin posúen ademais un cuarto título.
- Martina Navrátilová (Checoslovaquia/Estados Unidos) obtivo 7 títulos en dobres.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial de Roland Garros
- Fonte do tenis do Canadá - Canada's Tennis Source (en inglés)
- Torneo de Roland Garros no ina.fr : máis de 600 horas Arquivado 05 de decembro de 2012 en Archive.is (en francés)
- Mapas e fotos de Coordenada:48°50′49.79″N 2°14′57.18″E