Saltar ao contido

Black Country, New Road

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Black Country, New Road
OrixeCambridgeshire, Inglaterra Inglaterra
Período2018 - presente
Xénero(s)rock experimental, post-punk, post-rock, art rock
Selo(s) discográfico(s)Ninja Tune, Speedy Wunderground
MembrosTyler Hyde
Lewis Evans
Georgia Ellery
May Kershaw
Charlie Wayne
Luke Mark
Antigos membrosIsaac Wood
Artistas relacionadosBlack Midi, Jockstrap
Na rede
blackcountrynewroad.com
Facebook: BlackCountryNewRoad Twitter: BCNRband Instagram: blackcountrynewroad Bandcamp: blackcountrynewroad Spotify: 3PP6ghmOlDl2jaKaH0avUN Last fm: Black+Country,+New+Road Musicbrainz: e9403d9c-329b-4108-a26f-564159d441d9 Songkick: 9693119 Discogs: 6959133 Allmusic: mn0003891394 Genius: Black-country-new-road Editar o valor en Wikidata

Black Country, New Road é unha banda inglesa de rock formada en Cambridge en 2018. Os seus fundadores foron Tyler Hyde (voces, baixo), Lewis Evans (voces, frauta, saxofón), Georgia Ellery (violín, coros), May Kershaw (voces, teclados), Charlie Wayne (batería, coros) e Isaac Wood (guitarra, voces); en 2019 engadiron un sétimo membro, o guitarrista Luke Mark.

A banda gañou atención inicialmente grazas os seus sinxelos "Athens, France" e "Sunglasses" en 2019, que combinaban características de rock experimental,[1] post-punk[2][3] e post-rock,[4] sendo comparados con artistas como Slint e os contemporáneos Black Midi.[5] O seu álbum de estrea, For the First Time, foi publicado en 2021 e foi amplamente aclamado pola crítica, sendo nomeado ao Mercury Prize e tendo acadado o número 4 na lista británica de álbums. Catro días antes do lanzamenro en 2022 do seu segundo disco, Ants from Up There, Wood deixou o grupo citando problemas de saúde mental.[6] O álbum ecibiu máis aclamacións da crítica e éxito comercial, debutando no número 3 da lista de álbums do Reino Unido[7] e aparecendo en varias listas de mellores álbums do ano.

Tras a marcha de Wood, a banda comezou a traballa inmediatamente en material novo, con Hyde, Evans e Kershaw compartindo as tarefas vocais principais. Tras xirar durante o ano 2022, o grupo publicou o video Live at Bush Hall en febreiro de 2023 (seguido po un álbum en marzo), que contaba con varias composiciones novas escritas despois da marcha de Wood.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
For the First Time 2021 Ninja Tune
Ants from Up There 2022 Ninja Tune
  1. Cartledge, Luke (2021-02-04). "Black Country, New Road – ‘For The First Time’ review: an utterly mesmerising debut". NME (en inglés). Consultado o 2024-06-03. 
  2. "Black Country, New Road’s “Science Fair” is explosive post-punk for end times". The FADER (en inglés). Consultado o 2024-06-03. 
  3. Minsker, Evan (2021-10-12). "Black Country, New Road Announce New Album, Share New Song". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-06-03. 
  4. "The Post-Brexit New Wave". NPR. Consultado o 3 de xuño de 2024. 
  5. "Black Country, New Road: For the first time". Spectrum Culture (en inglés). 2021-02-18. Consultado o 2024-06-03. 
  6. "Isaac Wood Of Black Country, New Road Leaves Band Due To Mental Health Reasons, Tour Canceled -". mxdwn Music (en inglés). 2022-01-31. Consultado o 2024-06-03. 
  7. "Ants From Up There". Official Charts. Consultado o 2024-06-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]