Escáncer cego
Escáncer cego Rango fósil: Cretáceo - Recente | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Blanus cinereus Vandelli, 1797 | |||||||||||||||||||
![]() Distribución de Blanus cinereus.
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
O escáncer cego ou cobra cega[2], (Blanus cinereus), é unha especie de réptil escamado da familia Amphisbaenidae. É o único anfisbeno de Europa.
Descrición
[editar | editar a fonte]Rostral de tamaño mediano, os machos poden alcanzar unha lonxitude de 254 mm, as femias son menores, coa cola, que ocupa entre un 8 a un 11% da lonxitude total. A testa ten forma trapezoidal e esta separada do corpo por un asuco transversal dorsal. A súa cor varía entre o rosa agrisado e todos os tons posibles do marrón, co bandullo de tons máis claros. Citáronse exemplares parcialmente albinos. Posúe 7 dentes premaxilares, 4-4 maxilares, 7-7 mandibulares. A muda de pel realízase dunha soa vez como os ofidios.
Distribución
[editar | editar a fonte]Distribúese exclusivamente pola Península Ibérica, considéraselle un endemismo ibérico, xa que as poboacións do Norte África describíronse como novas especies, aínda que o coñecemento da súa distribución é escaso, debido ao carácter críptico e subterráneo desta especie. Análises filoxeográficos baseados en marcadores mitocondriais sinalaron que na Península Ibérica hai dúas liñaxes que podrian representar especies diferentes,[3] outras análises de ADN apoia o anterior, un no sueste e outro no centro da península.[4]
Practicamente ausente nos pisos bioclimáticos eurosiberianos, é dicir o norte e noroeste da península. En España o seu límite norte está en Tarragona, Zaragoza, sur de Navarra, Burgos e Zamora, en Galicia atópase en zonas con marcada influencia mediterránea de Ourense.[5] En Portugal o seu límite setentrional atópase no val do Douro.
Hábitat
[editar | editar a fonte]É unha especie termófila, está presente en gran número de ecosistemas mediterráneos, sendo nalgunhas localizacións relativamente abondosa, aínda que a densidade non é nunca moi alta. Os seus hábitos son enteiramente subterráneos, aínda que relativamente superficiais, sendo moi raro vela na superficie. Áchase asociada a zonas cálidas mais cunha certa humidade, onde se localiza xeralmente baixo pedras, tanto en terreos calcáreos como graníticos, con marcada preferencia polos chans areosos cubertos de follas, nos que é máis fácil escarvar. Atópase en bosques e matogueiras de aciñeira, (Quercus rotundifolia), xenebreiro, (Juniperus oxycedrus), carballos ananos, (Quercus pyrenaica) e piñeirais, (Pinus sp.) no piso mesomediterráneo pero sempre en áreas moi cubertas. Depredador xeralista aliméntase xeralmente de larvas de insectos, formigas, escaravellos, arañas, seudoescorpións, chegado escepcionalmente a capturar lagartas.
Localízase dende o nivel do mar até os 1.600- 1.700 metros no Sistema Central e mesmo acada os 1.800 metros en Serra Nevada, aínda que parece máis abondoso por baixo do 1.000 m.
Depredación
[editar | editar a fonte]Entre os seus depredadores atópanse réptiles coma Lacerta lepida, Macroprotodon brevis, Malpolon monspessulanus e a Vipera latastei. Entre as aves o Buteo buteo, Milvus milvus, Lanius excubitor. Entre os mamíferos, Genetta genetta, Vulpes vulpes, Sus scrofa, e Eliomys quercinus.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Status de conservación: Amori, G., Hutterer, R., Krystufek, B., Yigit, N., Mitsani, G. & Muñoz, L. J. P. 2008. Blanus cinereus. In: IUCN 2009. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2009.1. <www.iucnredlist.org>. (LC). Consultado o 13 de outubro de 2009.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 82. Real Academia Galega.
- ↑ Vasconcelos et al. 2006.
- ↑ As poboacións do clado meridional foron descritas como Blanus mariae Albert e Fernández, 2009 (Localidade tipo:Loulé, Faro, Portugal; holotipo: MNCN 44.638
- ↑ Asensi Cabirta, Moisés (2009): Guía dos anfibios e réptiles de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-9652-629-1, p. 126.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escáncer cego ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Escáncer cego |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blanus cinereus en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual dos vertebrados españois. Museo Nacional de Ciencias Naturais, Madrid. España.
- (es) Blanus cinereus,no Atlas da biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf.
- Albert, E.M.; Fernández, A. 2009: Evidence of cryptic speciation in a fossorial reptile: description of a new species of Blanus (Squamata: Amphisbaenia: Blanidae) from the Iberian Peninsula. Zootaxa, 2234: 56-68. Abstract & excerpt